miércoles, 22 de junio de 2016

PONTE CURRUCHO - RÍO UMIA - PORTAS

 PONTE CURRUCHO
LANTAÑO
RÍO UMIA
PORTAS


RÍO UMIA
     O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.


Características
     O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. 



     En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.


     O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo no seu entorno diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo prenatal.


LANTAÑO
     San Pedro de Lantaño é unha parroquia que se localiza no concello de Portas. 



     Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 699 habitantes (337 homes e 362 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 729 habitantes.


PORTAS
     Portas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. 



     Segundo o padrón municipal, no ano 2014 tiña unha poboación de 3.025 persoas. O seu xentilicio é «portense»


Parroquias de Portas    
     Briallos (San Cristovo), Lantaño (San Pedro), Portas (Santa María), Romai (San Xián)



COMARCA DE CALDAS
     A Comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 



     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901