viernes, 3 de junio de 2016

PARADA - SANTALLA - SAMOS

 PARADA
SANTALLA
SAMOS
LUGO


 Parada
     Sitúase na aba dunha montaña, cunhas magníficas vistas do val, e no seu ámbito atopamos castañedas moi lonxevas.



     Tanto as vivendas como os anexos están construídos en cachotería de lousa, con cubertas de laxas do mesmo material.


Santalla
     San Xosé de Santalla é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo.



     No ano 2007 tiña 68 habitantes (34 homes e 34 mulleres), 3 menos ca no ano anterior.



Patrimonio
     A Cova Grande é un espazo xeolóxico con estalagmitas e estalactitas. No ano 2007 sofreu unha agresión.



     No río Lóuzara existe unha piscifactoría adicada á cría do salmón atlántico.



     O 16 de agosto celébrase a romaría de San Roque.



Lugares de Santalla
     Casares, A Casela, Gamiz, Parada, Santalla, Vilar do Robledo



Samos
   Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O seu xentilicio é samanense.



Demografía
     Censo Total  
     1.458



Localización
     Limita ao norte co concello de Láncara; ao sur cos do Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón; ao leste cos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel e ao oeste cos de Sarria e O Incio. Pertence ao partido xudicial de Sarria e á diocese de Lugo.



     Samos atópase nas estribacións das serras orientais de Galiza, montes de Lóuzara, Serra do Oribio e Montes da Albola. O relevo é moi accidentado; a altitude media é superior aos 700 m. e máxima está no Oribio, a 1.443 m. O río Sarria, afluente do Miño, drena a vertente occidental e polo leste baixa o río Lóuzara cara o Lor e posteriormente o Sil. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur, cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.



     A oscilación térmica é grande, uns 13 °C: o clima é frío no inverno e xea con frecuencia. As precipitacións van desde os 900 aos 1.500 mm.



     O concello esténdese sobre 136 km² e a cidade máis próxima é Lugo, a 43 km.



Historia
     Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.



     En época visigoda Martiño de Dumio fundou o mosteiro, ao que está ligada toda a historia de Samos. O nome provén de Samanos, que posibelmente fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa.



     O mosteiro abandonouse brevemente arredor do ano 714 até que Froila I llo asignou ao abade Arxerico. Nel pasou a súa adolescencia o futuro rei Afonso II o Casto após o asasinato do seu pai, Froila I, no ano 768.



     Os dominios do mosteiro fóronse ampliando, especialmente desde que o papa Alexandre III lle concedeu unha bula no ano 1175 outorgándolle dereitos e rendas sobre 105 igrexas de todo o reino. Nos séculos XVII e XVIII leváronse a cabo numerosas obras nel, dándolle a súa arquitectura actual.



Economía
     Desde comezos do século XX, Samos perdeu o 70% da súa poboación, especialmente entre 1940 e 1980. O 85% dedícase á agricultura, fundamentalmente a gandería, con vacas e tamén porcos e ovellas.



Patrimonio histórico e artístico
     Desde hai tempo, moitos peregrinos desvíanse do camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria para visitar o Mosteiro de San Xulián de Samos.



     Próxima a este está a capela do Salvador, construída a finais do século IX con influencia mozárabe.



Festas e celebracións
    San Bieito, o 11 de xullo
    Santa Basilisa, patroa do mosteiro, o 9 de xaneiro.
    Romaría de San Roque, en Santalla, o 16 de agosto.



Comarca de Sarria

     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo.



     Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.



     A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.



Parroquias de Samos
      Castroncán (Santa Marta), Estraxiz (Santiago), Formigueiros (Santiago), Freixo (San Silvestre), Frollais (San Miguel), Gundriz (Santo André), Loureiro (Santa María), Lousada (San Martiño), Montán (Santa María), Pascais (Santalla), Reiriz (Santo Estevo), Renche (Santiago), Romelle (San Martiño), Samos (Santa Xertrude), San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo), San Cristovo do Real (San Cristovo), San Mamede do Couto (San Mamede), San Martiño do Real (San Martiño), San Xil de Carballo (San Xil), San Xoán de Lóuzara (San Xoán), Santalla (San Xosé), Suñide (Santa María), Teibilide (San Xulián), Zoó (Santiago)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901