IGLESIA DE ALPERIZ
ALPERIZ
PARADA
LALÍN
Iglesia de Alperiz
Alperiz conserva a capela-igrexa edificada no século XIII, da que se mantén a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.
Alperiz
Alperiz é un lugar da parroquia de Parada, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.
Alperiz é un lugar da parroquia de Parada, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.
Segundo o INE, no 2008 contaba con 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres) o que supón unha diminución de 7 habitantes con respecto ao ano 2000.
Na parroquia atópanse numerosos restos arqueolóxicos, entre os que destaca o Altar do Sol, unha das mámoas que se poden visitar así como algúns petroglifos.
A antiga fonte de riqueza que supoñía o gando cabalar deixou paso nos últimos anos a unha economía baseada no vacuno e derivados lácteos.
Historia
Alperiz foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de Santa María de Parada.
Patrimonio
O Altar do Sol é unha mámoa que se pode visitar. A capela-igrexa, edificada no século XIII, conserva a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.
O Altar do Sol é unha mámoa que se pode visitar. A capela-igrexa, edificada no século XIII, conserva a portada, varios canzorros e algúns elementos no interior.
Santa María de Parada
Santa María de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (38 mulleres e 38 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.
Patrimonio
Consérvase o recinto do castro, acollido á defensa natural do río Arnego. O chamado “regueiro do ferro” segue o curso dun río que levaba a antigas explotacións mineiras. A Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego é unha ponte romana.
A antiga igrexa da parroquia (xa desaparecida), mencionada como Parada de Felis, foi unha doazón feita a Carboeiro no ano 928 e estaba construída na cima do castro. No 1750 foi construída a actual igrexa.
Lalín
A vila de Lalín, capital do municipio e cabeceira da Comarca de Deza, constitúe un punto de referencia dentro do mapa de comunicacións de Galicia. Precisamente, esta situación privilexiada no centro da comunidade autónoma contribuíu nos últimos anos ó seu despegue como centro comercial e de servizos dunha ampla zona gandeira.
Así, a pesares de que en 1960 a vila non era máis que un pequeno núcleo de poboación, formado por varias reas de edificacións ó longo das estradas Ourense-Santiago e Lugo-Pontevedra, na actualidade xa acolle a 8.338 veciños. Unhas das sinais de identidade da vila de Lalín é a igrexa parroquial, que comezou a ser construída no ano 1888 sendo alcalde Benito Calviño e que quedou rematada en 1915.
Nas súas inmediacións atópase o monumento erixido polo pobo lalinense ó célebre astrónomo e matemático Ramón María Aller. A obra, do escultor Asorey, loce na súa base a lenda "ciencia, humildad y virtud", que resume a vida deste fillo ilustre de Lalín.
Tamén de Asorey é o monumento ó aviador Joaquín Loriga, situado no Parque de Loriga, que foi inaugurado no ano 1933 e que representa un avión chantado na terra a modo de cruz latina, xunto coa figura do aviador e dúas mans estreitadas, simbolizando a unión entre os pobos de España e Filipinas -perpetuando así a xesta do ilustre lalinense-.
Por outra banda, a vila de Lalín ofrécelle ós seus veciños na actualidade tódolos servizos que se poden atopar nunha grande cidade, tanto no eido sanitario, como no educativo, deportivo, lúdico ou cultural.
Esta ampla oferta amosa que a pequena vila de Lalín está inmersa nunha profunda metamorfose que está a convertela xa na gran capitalidade do interior de Galicia.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Lalín
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901