domingo, 27 de septiembre de 2015

IGLESIA DE FONFRÍA - PIEDRAFITA - ANCARES

IGLESIA DE FONFRÍA
PIEDRAFITA DO CEBREIRO
ANCARES
LUGO


 Fonfría.
     San Xoán de Fonfría é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. 



     Segundo o padróm municipal (INE 2013) conta con 34 habitantes (19 homes e 15 mulleres).


Pedrafita do Cebreiro
     Pedrafita do Cebreiro (do latín petra ficta, 'pedra cravada, miliario ou monumento megalítico, consistente nunha gran pedra colocada verticalmente' e cebrarium, 'lugar onde hai moitos asnos bra­vos', tamén chamados onagros e 'cebros' < (e)quos feros + -arium (sufixo abundancial). é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. 



     Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 1.155 habitantes (619 homes e 536 mulleres). 


     O seu xentilicio é «cebreirego».


     Os Ancares
      Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo e a súa capital é Becerreá, que tamén é o concello máis poboado. 



     Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. 



     Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.


Localización e características
     É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao N) e O Courel (ao S). 



     Os Ancares tiña 11.330 habitantes no 2012, e uns 907 km2, por tanto posúen unha baixa densidade de poboación. 


     Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.


     Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. 



     Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. 


     Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901