PONTE TABOADA
RÍO DEZA
SILLEDA - LALÍN
Ponte Taboada
Ponte románica do século X, situada entre as parroquias de Prado (Lalín) e Taboada (Silleda) que lle dá nome ao lugar de Ponte Taboada, un enclave cunha gran riqueza patrimonial, ademais de paisaxística.
Construída en 912, segundo a inscrición que figura na propia Ponte, foi camiño obrigado de peregrinos, especialmente da Vía da Prata.
Dun só arco de medio punto esta Ponte foi histórico paso sobre o río Deza ata que se puxo en servizo a nova Ponte Taboada en 1863.
San Martiño de Prado
San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes. A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.
Santiago de Taboada
Santiago de Taboada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 214 habitantes (106 homes e 108 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.
A comarca de Deza
A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.
Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.
O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.
O río Deza
O río Deza é un afluente do río Ulla pola esquerda. O seu nacente principal está nas proximidades de Candosa e conta con outro secundario nos Montes do Testeiro, na parroquia de Zobra (Lalín), ao se xuntaren dous regueiros, o da Candosa máis o do Tasdomonte.
Ten un percorrido de 51 Km e presenta unha conca de 551 km². O caudal absoluto achegado na súa desembocadura é de 18,6 m³/s.
Afluentes
Pola marxe dereita (de sur a norte):
Río Asneiro.
Río de Santa Lucía.
Rego de Faquintas.
Rego de Busto.
Río Carrio, xa no concello de Vila de Cruces.
Río Orza.
Pola marxe esquerda (de sur a norte):
Regueiro do Candán.
Regueiro de Refoxos.
Río da Gouxa ou da Mera.
Regueiro de Saídres.
Río Toxa.
Río Cervañiña ou da Casela.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901