miércoles, 9 de septiembre de 2015

CAPILLA DE SANTA BAIA DE PALIO

CAPILLA DE SANTA BAIA
SANTA BAIA DE PALIO
LALIN


Santa Baia de Palio
     Santa Baia de Palio é unha antiga parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 63 habitantes (30 homes e 33 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ao ano 2004 cando tiña 79 habitantes.



 
Historia
     Santa Baia de Palio foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de San Xiao de Rodís.


Estaba formada polos lugares de Palio de Abaixo e Palio de Arriba.


Patrimonio
     A igrexa de Santa Baia de Palio é protorrománica. Presenta o aspecto dos primitivos templos visigóticos rurais, pero con elementos do incipiente románico: nave reducida, ábsida rectangular e dúas portas (a principal con tímpano oval e a lateral rectangular).


     A casa-torre de Palio, fundada no século XVII polo capitán Diego Arias de Somoza, conserva un torreón de dúas plantas, as gárgolas dunha desaparecida cheminea e un pequeno escudo coas armas dos Deza, Varela e Arias.


Lalín
     Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. A vila ten unha poboación de 20.158 habitantes (2014)[3] e divídese entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural. 


     Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e a novena cidade da provincia, despois de A Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.


     O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.


Comarca do Deza
     A comarca do Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 


O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.


Xeografía
     A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.


     A comarca está estruturada pola Dorsal Galega, coas serras do Faro ao leste, a Martiñá ao sur, Candán ao oeste coa e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado Decense no seo da diocese de Lugo.


     Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros etc.


     Os ríos Deza e Arnego, afluentes do Ulla, cruzan paralelos a comarca do sur ao norte. O Deza e o seu afluente, o Asneiro, nacen no monte Testeiro; o Arnego nace na Serra de Faro. A estes úneselles o río Toxa que baixa desde o Candán e na súa caída ao Deza forma unha das máis significativas fervenzas de Galicia (fervenza do Toxa).


Historia
Os límites do Deza só experimentaron cambios insignificantes ao longo dos séculos e xa antes do século VI tiveron unha densidade de poboación relativamente alta.


     Pouco ten chegado aos nosos días dos séculos da Alta Idade Media, nos que se sucederon os gobernos dos suevos, os visigodos e nos últimos momentos destes tempos foi gobernado por diversos nobres no nome do rei, ata que no ano 1165 Fernando II doou as terras á Igrexa de Santiago como ofrenda ao Apóstolo Santiago. Porén a maioría das parroquias seguiron a depender da sé lucense, dependencia herdada dende tempos dos romanos.


     
     Seis freguesías da comarca son mencionadas no testamento do bispo Odoario como repoboadas por el a mediados do século VIII.


     Entre os séculos X a XII os vales da confluencia dos ríos Ulla e Deza acollen a unha numerosa poboación ermitá e monástica. Por varias fontes téñense testemuñas da existencia de mosteiros e cenobios nos lugares de: Picosacro, San Xoán da Cova, Ledesma, San Xusto de Cornado, Brandaríz, Piloño, Alcobre, Camanzo, Oirós, San Martín do Hermo (Losón), Madriñán, Ansemil, Carboeiro..


     
     Nesta especie de Ribeira Sacra do Ulla foi onde floreceu o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, aló polo ano 936.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901