jueves, 23 de octubre de 2014

CAPELA DA MADANELA - CARBALLIÑO

 CAPELA DA MADANELA
SANTA OUXEA DE LOBÁS
CARBALLIÑO
OURENSE


 Santa Ouxea de Lobás
     Santa Ouxea de Lobás é unha parroquia do concello de O Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 contaba con 256 habitantes, deles 124 eran homes e 132 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.



Patrimonio
     Na parroquia está situado o mosteiro de San Pedro de Lobás e o Castro do Coto de Mosteiro.



O Carballiño
     O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2011 tiña 14.145 habitantes. O seu xentilicio é carballiñés ou carballinense.



Xeografía
     Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros curso fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.



Historia
     A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Partovia, dependente da xurisdición do mesmo nome, e á súa vez dependente do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.



     Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios cartos que foron investidos en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos, e introduciuse na vida política liberal da comarca.



Comarca do Carballiño
     A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.



Poboación
     No ano 2012 tiña 28.891 habitantes, deles 13.779 eran homes e 15.112 mulleres, no 2008 tiña 29.794 habitantes, 14.214 homes e 15.580 mulleres.



Que ver en Lobás
Ruinas do Mosteiro de Lobás   
     As ruínas do monasterio sitúanse no centro do pobo Mosteiro.



     Foi de monxas benedictinas dunha reducida congregación que dependeu do Monasterio de Rocas en Oseira e finalmente de San Paio de antealtares en Santiago.



     É un bellísimo exemplar de románico popular galego e sábese que estivo en pleno funcionamento entre os séculos XII-XV.



Igrexa Monacal de Lobás
      Consta dunha soa nave, en xeral caracterízase pola sinxeleza das súas liñas. Non obstante destaca a fachada: Presenta unha espadaña de dous corpos e unha pequena urna coa estatua de Santa Bárbara sobre a ventá. O retablo maior é do século XVIII. Cabe destacar a prataría da Igrexa, principalmente un cáliz proveniente de San Paio de Antealtares.  

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901