jueves, 23 de octubre de 2014

FONTE DE CALDAS - BRUÉS

FONTE DE CALDAS DE BRUÉS
BOBORÁS
OURENSE


Fonte de Caldas de Brués
     Trátase dun manancial de augas termais cunha temperatura de preto de 27 graos bicarbonatadas sódicas. Posúe propiedades terapéuticas relacionadas co aparato dixestivo. Na actualidade hai unha pía feita con rocha granítica aproveitando o desnivel.



  Boborás
     O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea Conxunto Histórico- Artístico declarada no ano 1975, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial.


     O turista que chega a Boborás pode rapidamente darse conta do poder que no seu día tuvo o seu territorio.


     Máis dunha ducía de pazos repártense polas súas parroquias. Igrexas románicas en Pazos de Arenteiro, Cameixa, Moldes, Astureses e Xuvencos.


     As pontes medievais tamén teñen unha importancia no municipio, como unión de camiños e cruce sobre os ríos máis importantes da comarca e que por o noso concello pasan, o Arenteiro, o Avia e o Viñao.
 

     As rutas de sendeirismo, trazan camiños por algúns dos puntos máis interesantes do concello, ofrecéndolle o visitante tanto un contacto coa natureza como coa arte e o patrimonio.


     As augas termais de Brués, non explotadas comercialmente, seguen mantendo as súas propiedades para o tratamento de enfermidades da pel.
 

     Por todo isto e moito máis, invitámolosa que se acheguen ao noso concello e así poderán coñecer os encantos que Boborás e as súas parroquias  aínda esconden. é de estilo neoclásico.
 

Brués
     San Fiz de Brués é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 contaba con 250 habitantes, deles 107 eran homes e 143 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
 

     No lugar de Conchouso, o edificio dunha antiga escola emprégase actualmente coma local social.


Lugares de Brués
     Barro, A Batoca, Brués, Conchouso, A Fontela, O Igrexario, A Ponte, Riande, Santa Isabel, O Souto, A Teixeira, O Torrón.
 

A Comarca do Carballiño
     A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.


      Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

3 comentarios:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901