martes, 10 de junio de 2014

PONTE DA SANTA ISABEL - VEDRA

 PONTE DE SANTA ISABEL
SAN FINS DE SALES
VEDRA


 Vedra
     Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2012 tiña 5.043 habitantes (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio é «vedrense».



Xeografía
     O concello de Vedra limita ao norte cos de Santiago de Compostela e Boqueixón, ao sur e leste co da Estrada (da provincia de Pontevedra, da que o separa o río Ulla), e ao oeste co de Teo.



     Está atravesada pola estrada N-525 e a autoestrada AP-53, que unen Compostela e Ourense. A N-525 crúzase coa LC-241, que une Arzúa con Padrón.


     Está situado no val do río Ulla, ao que van dar os ríos Pereiro, Tomonde, Buxeiros e San Cristovo. O cumio de maior altitude é Penas Pardas, preto do Pico Sacro, de 449 m de altitude. O clima é temperado, con influencias oceánicas.


 

San Fins de Sales
     Escoltada por magnífica carballeira, recinto onde se celebran as festas, áchase a igrexa e a rectoral. No arboredo álzase un cruceiro cun altariño. Data esta construcción da primeira metade do S.XVIII (ou reconstruída entre 1722-1744), e nela podemos contemplar a capela maior, dividida en dous tramos por arco de medio punto, e as bóvedas de canón con lunetas. O retábulo maior  (1737) presenta talla barroca, en tanto que o da Dolorosa constitúe unha mostra de clasicismo ferreriano. A Virxe, case de tamaño natural, loce a impronta estilística de Manuel de Prado.


Capilla de Santa Isabel
     Capilla de Santa Isabel ó pe do río Pereiro, entre carballos, topamos coa regalía dun espacio natural Fervenza da Serra complementado polo conxunto arquitectónico que forman a ermida de Santa Isabel, a fonte milagreira, o cruceiro e a ponte. Da ponte arranca un carreiro que conduce á fervenza  da Serra




 

A Ponte Busacos:
     Por esta pequena ponte medieval pasa a Ruta da Prata. Seguindo a vía, que contaba con tramos empedrados, chégase á Gándara.



     
     Neste entorno encontrouse o miliario de Calígula (ano 40 d.C.), custodiado no Museo da catedral de Santiago.


     O epígrafe insculpido reza: CÉSAR CAIO AUGUSTO XERMÁNICO. FILLO DE CÉSAR XERMÁNICO, NETO DO CÉSAR TIBERIO AUGUSTO, BISNETO DO DIVINO AUGUSTO, PAI DA PATRIA, PONTÍFICE MÁXIMO, CATRO VECES POTESTADE TRIBUNICIA, DÚAS VECES CÓNSUL. UNHA MILLA.


     Pola Gándara transcorría a IV vía militar romana procedente de Brácara (Braga) e con destino a Astúrica (Astorga), tras pasar por Asseconia (Sergude) e Lucus, un dato que confirma a escritura de doazón do bispo Sisnando ó mosteiro de S.Sebastián do Pico Sacro(ano 914) e o propio miliario citado.


     A gastronomía ten o seu día entre marzo e abril: a exaltación da orella; o 1,2 e 3 de agosto celébranse as festas patronais; e a Santa Isabel o segundo domingo despois de Corpus.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901