domingo, 23 de diciembre de 2012

MUIÑO EN PUBUXEIRAS - MEIS

MUIÑO EN PUBUXEIRAS 
PUBUXEIRAS 
MEIS
PONTEVEDRA

     Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, no ano 2009 tiña 5.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».



     O monumento máis destacado é o mosteiro da Armenteira, formado pola igrexa do século XII e o mosteiro propiamente dito, reconstruído entre os séculos XVI e XVIII. Recentemente foi acordada unha nova e cobizada rehabilitación que o dotará, entre outras instalacións, dunha hospedaxe.



     O visitante pode achegarse á capela de Santa María de Nogueira, resto dun antigo mosteiro que lle dá nome á capital, Mosteiro, lugar no que se localiza; á igrexa de San Martiño de Meis e á de San Salvador, ambas do século XII; á igrexa de Paradela, coa ábsida románica, e á de Santo Tomé, con interesantes pinturas do século XVI. Son tamén interesantes a igrexa de San Lourenzo e a de San Vicente, esta con magníficos retablos de pedra.



     Tamén existen testemuños arqueolóxicos, sobre todo, da cultura castrexa no monte Castrove, no que se observan os petroglifos de "Outeiro de Cribo". En arquitectura civil sobresaen o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, todos situados na parroquia de Paradela; e os antigos muíños fluviais repartidos por todas as parroquias, sendo de destacar os de Arcos (Santo Tomé) que forman unha cadea de pequenas edificacións sucesivas. 



VIDEO

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901