viernes, 14 de diciembre de 2012

CARLOS SOBRINO BUHIGAS

CARLOS SOBRINO BUHIGAS


     Carlos Sobrino Buhigas, nado en Pontevedra o 18 de marzo de 1885 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1978, é un pintor galego. Era irmán do naturalista e arqueólogo Ramón Sobrino Buhigas.


      Nado no seo dunha familia acomodada, de longa tradición artística, entre a que destaca o malogrado pintor Enrique Campo que era o seu curmán.

     
     Desexaba cursar estudos na Escola de San Fernando de Madrid, do que desiste por imposición familiar, para facer os de Comercio. Oposita a cátedras de Debuxo e Caligrafía desta modalidade e obtén o número un. Comparte a carreira con estudos de Belas Artes, baixo a dirección do pintor Alejandro Ferrant. Fai amizade co pintor catalán Eliseu Meifrèn i Roig, con quen está a piques de emparentar.


     Vive en León ata que se crea en Vigo a Escola de Comercio e pide o traslado. Alí comparte o ensino no centro co que exerce na Escola de Artes e Oficios. Bolseiro pola Deputación Provincial, viaxa a Londres, onde un tío seu, famoso pianista co seu mesmo nome, é profesor do Conservatorio.


     Participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, nas que obtén mencións honoríficas nas edicións de 1908 e 1910. Na de 1915 consegue a terceira medalla co seu cadro «Cristo de Casal Dourado», actualmente en Bos Aires. Un ano máis tarde outórganlle a segunda medalla na Exposición Universal de Panamá pola súa paisaxe «Calle de ciudad gallega», que é característico da súa pintura.


     Realiza encargos de gran compromiso, como os seus amplos trípticos sobre o mar e o campo, hoxe en posesión de Novacaixagalicia, nos que queda patente a súa facilidade compositiva, así como un colorismo, que o emparentan con Sotomayor, Benedito, Hermoso e outros pintores do seu tempo.


     Realiza ilustracións para diarios e revistas e percorre incansablemente Galicia tomando apuntes dun interese documental considerable, posto que recollen aspectos do país que xa se perderon.


     A pintura de Carlos Sobrino corresponde a un realismo postimpresionista de raíz folclórica, de colorismo alegre e elevado. Está representado en todos os museos de Galicia e en importantes coleccións institucionais e particulares de España e de América.


     Na Alameda de Pontevedra deixou 23 azulexos con distintas paisaxes e escenas, rurais e urbanas, pintadas en 1927 e fabricados pola empresa sevillana "Mensaque Rodríguez y la compañía de Triana". Estes mosaicos foron restaurados completamente na reforma que se fixo no contorno do parque en 2010.


     "Los azulejos de la Alameda constituyen la representación perenne y solemne de su obra, y gracias a la preciosa cerámica vidriada de sus azulejos, la calidad traslúcida de sus colores, pasados primero a material original, y después traspuestos al azulejo, que ostenta en sí mismo una amplia tradición decorativa.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901