IGLESIA DE SAN ANDRES
VALONGO
COTOBADE
PONTEVEDRA
VALONGO
COTOBADE
PONTEVEDRA
O poboamento das terras de Cotobade empezou en época bastante antiga,
como testemuñan a abundancia de restos arqueolóxicos (petroglifos,
mámoas, castros) repartidos por toda a súa xeografía.
Os restos máis abundantes son os petroglifos, dos que se coñecen numerosos exemplos (máis de 150), moitos deles atribuídos á Idade do Ferro ou á do Bronce.
Os restos máis abundantes son os petroglifos, dos que se coñecen numerosos exemplos (máis de 150), moitos deles atribuídos á Idade do Ferro ou á do Bronce.
Os petroglifos máis interesantes son: a Pedra do Lombo da Costa, a
Laxe do Cuco, a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros,… na parroquia
de San Xurxo de Sacos e os petroglifos de Portela da Laxe e Laxe das
Coutadas, en Viascón.
Asímesmo, quedan restos da época romana na calzada de O pé da Múa.
Entre os antigos monumentos históricos, atópase no monte Castelo, que
se extende polos límites de Borela, Carballedo, Tenorio e Viascón- a
torre que noutro tempo se chamaba “Couto do Abade”, da que apenas
quedan vestixios; e os restos do castelo de Tenorio, que a finais do
século XV pertencía ó señor de Soutomaior e conde de Camiña, Pedro
Madruga, e que foi derrubado polos Irmandiños.
O concello tivo a súa propia xurisdicción, na que o duque de
Soutomaior nomea xuíz ordinario, e que comprendía as actuais
parroquias, agás a de Caroi.
No século X fundouse o convento de benedictinos de Tenorio. A boa
posición estratéxica deste, provocou que caese en mans do Conde de
Camiña, quen destituiu ó seu Abad, Pedro de Tenorio, sustituíndoo por
un monxe de Lérez.
Este nomeamento, ó non ser acatado pola comunidade, trouxo como consecuencia o abandono do convento polos guerrilleiros durante a guerra da independencia, e acabou destruído ó incendialo os franceses.

Na loita contra os franceses pode decirse que Cotobade abriu a guerra,
ó atacar os seus habitantes ás guarnicións gabachas de Borela, San
Xurxo de Sacos e Tenorio, o 19 de febreiro de 1809, obrigando a estas a
renderse. Así mesmo, o día 20, fan baterse en retirada as tropas
francesas de Pontevedra, que acudían a se desquitaren da acción do día
anterior. Posteriormente, o 28 do mesmo mes e ano, atacan a guarnición
francesa de Pontevedra e o 7 de xuño toman parte na acción de
Pontesampaio, contribuíndo a derrota das forzas do xeneral Ney.
Nestes feitos destaca a utilización polos veciños de Cotobade do
“Canón de Pau”, que consistía nun tronco furado e suxeito con argolas
de ferro, e que resistía ata doce canonazos. Destes feitos, que fan que
se coñeza a Cotobade coma terra do “canón de pau”.
Segundo a tradición, Cotobade é berce de afamados canteiros.
Traballaban por toda España, e coñecíanse coa denominación popular de
“barrocos”; semella que esta denominación ten relación co estilo
arquitectónico deste nome.
Entre estes, cabe destacar o mestre Cerviño, natural de Aguasantas e autor dos cruceiros de Hío, Covelo, Ponteareas e outros.
Do maestro Cerviño, o afamado escritor Castelao di “foi xenial, revolucionario, capaz de transforma-los pequenos cruceiros en grandes calvarios ó estilo dos que se levantan na Bretaña”

VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901