PETROGLIFOS DE OS BALLOTES
BAMIO
VILAGARCÍA DE AROUSA
O conxunto de petróglifos Os Ballotes-Meadelo é un dos máis coñecidos
e estudados de Galicia desde comezos do século XX. Ademais, dado o seu
pronto descubrimento e o seu interese, é unha das estacións de arte
rupestre máis citadas pola bibliografía. Foi repetidamente citado nas
sínteses de numerosos autores, e visitado a principios e mediados de
século por numerosos investigadores ilustres.
A pesar de tan importante
difusión, sempre foi un xacemento arqueolóxico un pouco abandonado,
cuberto de herbas e rodeado dunha verxa metálica que se foi oxidando co
tempo. No ano 2009, o Concello de Vilagarcía contratou a realización de
traballos de arqueoloxía nos petróglifos, co fin de documentar a
totalidade dos xacementos, e proceder á súa lectura, interpretación e
rexistro, así coma unha diagnose e proposta de tratamento de
conservación e restauración. Mais o xacemento continúa baixo un
descoñecemento por parte da sociedade do seu valor en favor da debida
comprensión do mundo dos petróglifos galegos.
O conxunto de petróglifos Os Ballotes-Meadelo está situado na franxa
litoral do interior da Ría de Arousa, nunha zona cunha forte inclinación
cara ao oeste, cun bo dominio visual da Ría e a banda litoral. Nesta
zona atópanse numerosos petróglifos cunha gran variedade de gravados
xeométricos e con figuras de animais realizados sobre un conxunto de 15
rochas de granito, que foron organizadas ou catalogadas, en sete
xacementos a partir dos traballos arqueolóxicos de 2009.
Un xacemento
pode ser unha soa rocha con gravados; varias rochas con gravados, que
non disten a máis de 5 m entre si; ou rochas que estean vinculadas a un
mesmo elemento xeográfico, que non disten mais de 10 m entre si.
Entre os gravados figurativos presentes nestes petróglifos, pódense
admirar unha gran cantidade e variedade de animais (chamadas figuras
zoomorfas), entre os que destacan os cérvidos. Tamén hai escenas de
animais en actitude de berregar, e composicións nas que os cuadrúpedes
ordénanse de forma lineal; outras de cervos arrastrando posibles discos
solares, e tamén, existe unha na que podería representarse unha escena
de equitación.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901