viernes, 5 de abril de 2024

PETO DE OUTEIRO - OUTEIRO - MEDER - SALVATERRA DE MIÑO

 PETO DE OUTEIRO

OUTEIRO

MEDER

SALVATERRA DE MIÑO

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN ROQUE - OUTEIRO CRUZ - A ARNOIA

 CAPELA DE SAN ROQUE

OUTEIRO CRUZ

A ARNOIA

 Outeiro Cruz
     Outeiro Cruz é un lugar da parroquia da Arnoia no concello ourensán da Arnoia na comarca do Ribeiro. 

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 99 habitantes (52 homes e 47 mulleres), un máis ca en 2010, cando tiña 98 habitantes (51 homes e 47 mulleres).

     É a capital do concello.

Toponimia
       A orixe do topónimo Outeiro é o latín altarium, que é unha parte alta ou elevación do terreo.

A Arnoia
     San Salvador da Arnoia é unha parroquia do concello da Arnoia, situada na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 002 habitantes (499 homes e 503 mulleres), 182 menos ca en 2006.

Lugares da Arnoia
       Bacelo, Carnós, Os Chaos, Lapela, A Laxa, Nogueiredo, Oliveira, O Outeiro, Outeiro Cruz, A Paixón, O Pomar, A Ponte, Porqueira, Quinteiros, A Reza, O Rial, San Amaro, Sendín

Comarca do Ribeiro
       A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 4 de abril de 2024

CRUCEIRO DA CARRASQUEIRA - A CARRASQUEIRA - TABOEXA - AS NEVES

CRUCEIRO DA CARRASQUEIRA
A CARRASQUEIRA
TABOEXA
AS NEVES

      Situado no adro da Capela da Ascensión , este cruceiro nace sobre un chanzo cadrado, aínda que é posible que teña máis baixo a capa de asfalto.

       A súa base é cúbica moldurada nas súas catro caras. Na súa cara dianteira aparecen dúas almiñas en posición orante.

       O seu varal cadrado coas arestas rebaixadas da paso a un capitel con volutas e con caras de anxos no centro dos seus catro lados.

      A cruz, de tipo latina cos brazos potentados, posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe de pé e coas mans entrelazadas en actitude orante no reverso.

A Carrasqueira
      A Carrasqueira é un lugar da parroquia de Taboexa, no concello pontevedrés das Neves. 


      Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do 2021 ten 79 habitantes (38 homes e 41 mulleres), o que a converte na aldea máis poboada da parroquia. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DA CARRASQUEIRA - A CARRASQUEIRA - RUBIOS - AS NEVES

 PETO DA CARRASQUEIRA

A CARRASQUEIRA

RUBIOS

AS NEVES

Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA  

miércoles, 3 de abril de 2024

PORTAL DA INQUISICIÓN - INQUISICIÓN - CORZANS - SALVATERRA DE MIÑO

 PORTAL DA INQUISICIÓN

INQUISICIÓN

CORZÁNS

SALVATERRA DE MIÑO

     Trátase do portalón de acceso á antiga casa da Inquisición da que hoxe en día apenas quedan uns restos integrados na casa-escola.

      A construcción móstrase coma un gran lenzo de sillería granítica, que aparece dividida en dous rexistros a través dunha cornixa moldurada que recorre o paramento horizontalmente. 

      O corpo inferior, totalmente compacto, é atravesado no centro pola porta, de arco de medio punto coa dovelaxe marcada.

      Tanxente á clave do arco disponse a moldura que serve de transición cara o segundo rexistro da portada que aparece concebido a xeito de ático. Este último corpo aparece presidido por tres blasóns e unha inscripción.

      O blasón central, situado nunha posición máis elevada con respecto aos laterais, presenta unha cruz inquisitorial. 

      Pola contra, os laterais amosan respectivamente as armas de ascendencia tanto paterna como materna do inquisidor D. Bartolomé Barbeito Padrón.

      Deste xeito, no da esquerda, aparecen os símbolos dos Mariño, Valadares, Padrón e Barbeito, e no da dereita, os Suárez, Ozores e Puga.

      Os tres escudos aparecen timbrados por capelos dos que penden cordóns con seis borlas, alusivos á dignidade episcopal do propietario.

      Entre as armas aparece a seguinte inscripción que nos aporta os datos sobre o comitente e a data fundacional: MANDOLA FABBRICAR EL SR. Dº DON BRM BARBEITO PADRÓN NATURAL DESDE FRª. INQQº APPº. I MAS ANTIGUO DE ESTE REINO DE GALICIA AÑO DE 1688 PARA CLÉRIGOS DE SU FAMILIA I VECINOS DE ESTE Fª A FALTA DE AQUELLOS.

      Finalmente o portal remátase mediante unha cornixa horizontal, que se eleva na parte central para albergar os escudos.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

IGREXA DE SAN PEDRO DE XURENZÁS - XURENZÁS - BOBORÁS

 IGREXA DE SAN PEDRO DE XURENZÁS

XURENZÁS

BOBORÁS

IGREXA DE SAN PEDRO
       A Igrexa de Xurenzás, é un templo de gran simplicidade constructiva con fábrica de cadeirado e cachotería de pedra e ausencia xeneralizada de decoración no exterior. Da nave principal pasa o presbiterio o traveso de un arco triunfal lixeiramente apuntado. 

       Por a parte sur engádese unha pequena capela. No interior ten dúas alturas laterais cubertas por baldaquinos de pedra e interpretación oxival, utilizando como elementos de sostén a figuras de Santos y una columna angular con capitel de estilo bizantino.

      Estes baldaquinos só se conservan en cinco igrexas de toda Europa, motivo polo que recibe diversas visitas de expertos tantos nacionais como internacionais para poder ver de preto esta obra de arte.

Xurenzás
      San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 55 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio
      Na igrexa de San Pedro consérvanse dous baldaquinos en pé, a ámbolos lados da nave central. Na parede protexida por estes descubríronse recentemente pinturas góticas representando a San Sebastián e á Virxe.

Xurenzás na cultura popular galega
       Unha lenda busca explicar a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas, que vivía nesta parroquia, se enamorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala.

     Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás.

       Vítor Vaqueiro dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento.

Lugares de Xurenzás
     Ensalde, O Igrexario, A Ponte Nova, O Prado, Valboa, Ventosa, Xurenzás.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA