sábado, 3 de junio de 2023

ESTACIÓN DE SOBRADELO - SOBRADELO - CARBALLEDA DE VALDEORRAS

 ESTACIÓN DE SOBRADELO

SOBRADELO

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

Estación de Sobradelo
     Sobradelo é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. 

     Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     Está situada no punto quilométrico 291 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 343 metros de altitude, entre as estacións do Barco de Valdeorras e Pumares. 

     O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.

     As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. 

     En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DE COVAS - COVAS - RUBIÁ

ESTACIÓN DE COVAS

COVAS

RUBIÁ

Estación de Covas
     Covas é unha estación de tren de Adif, situada en Covas, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. 

     Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     Está situada no punto quilométrico 275,4 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 402 metros de altitude, entre as estacións de Quereño e A Barosa. 

     O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
      A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.

     As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.

     En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

    Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESTACIÓN DO BARCO DE VALDEORRAS - O BARCO DE VALDEORRAS

 ESTACIÓN DO BARCO DE VALDEORRAS

O BARCO DE VALDEORRAS

Estación do Barco de Valdeorras
     O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense.

     Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
      A estación atópase no punto quilométrico 297,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 324 metros de altitude, entre as estacións de Vilamartín de Valdeorras e Sobradelo. 

     O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
     A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.

      As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.

      En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 2 de junio de 2023

ENTREVISTA NA RADIO ABC - GRACIAS

ENTREVISTA NA RADIO ABC

GRACIAS


      Meu agradecemento a Daniel Alejandro Pazos por convidarme a falar na Radio ABC de Buenos Aires
     Gracias tamén os que nos acompañades. GRAZAS

       Déixovos os enlaces nos que podedes  seguir os diferentes momentos da entrevista

Daniel Alejandro Pazos

ENTREVISTA NA RADIO ABC

XOAN ARCO DA VELLA.

PETRÓGLIFO DA RAIA - OS CANDIS - ÉNTOMA - O BARCO DE VALDEORRAS

 PETRÓGLIFO DA RAIA

OS CANDIS

ÉNTOMA

O BARCO DE VALDEORRAS

Petroglifo da Raia

     Un dos gravados rupestres máis destacados da comarca de Valdeorras é o petróglifo da Raia.

     Non é moi común ver este tipo de xacementos en Galicia xa que destacan uns conglomerados formados por varias capas de area e pedras soldadas con óxido de ferro.

Éntoma
     San Xoán de Éntoma é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barco de Valdeorras.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 319 habitantes (152 homes e 167 mulleres), un menos ca en 2004 (163 homes e 157 mulleres, segundo o padrón municipal) e 24 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.

Patrimonio
      Está atravesada polo Camiño Real que ía desde Sobradelo até O Barco de Valdeorras, polo que discorre tamén o camiño de Santiago. Consérvase unha ponte romana sobre o río Galir.

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras.

     Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

      En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Xeografía
     O río Sil conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, Serra do Eixe, Serra Calva e Serra Segundeira atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais.

     O relevo montañoso do norte fórmano a Serra de Cereixedo, Serra dos Cabalos e Serra da Enciña da Lastra. O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, que é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del.

     Os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o río Éntoma, e o Leira, os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o Casaio. 

     O clima da comarca é oceánico de montaña nas áreas máis elevadas e oceánico de matiz mediterráneo no Val do Sil.

     Valdeorras conta con espazos protexidos, o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, o Macizo Central e o Pena Trevinca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 1 de junio de 2023

PETO DE SAN ANTONIO - PRAZA DE SOBRADELO VELLO - CARBALLEDA DE VALDEORRAS

 PETO DE SAN ANTONIO

PRAZA DE SOBRADELO VELLO

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA