lunes, 5 de junio de 2023

CASTELO DE CHINCHÓN - CHINCHÓN

 CASTELO DE CHINCHÓN

CHINCHÓN

 Castelo de Chinchón
     O Castelo de Chinchón é unha fortaleza situada no municipio de Chinchón, na Comunidad de Madrid, España.

     A súa construción remóntase ao século XV, e ao longo da súa historia tivo diversos usos, desde castelo fortificado ata cárcere e fábrica de fariñas.

     O castelo está situado nun cerro nos arredores do pobo, e conta cunha planta cadrada con torres cilíndricas nas súas esquinas.

      No interior, pódense ver algunhas estancias que foron restauradas, como a sala da torre da homenaxe e as celas do antigo cárcere.

     Aínda que actualmente o castelo atópase en ruínas, aínda é posible apreciar a súa importancia histórica e arquitectónica.

     Durante a Guerra de sucesión española, o castelo foi utilizado polas tropas do Archiduque de Austria como almacén de pólvora, o que provocou a súa destrución parcial.

     Na actualidade, o castelo é propiedade do Concello de Chinchón e está aberto ao público para a súa visita.

      Ademais, no mes de agosto celébrase no seu interior o famoso Festival Medieval de Chinchón, que atrae a numerosos visitantes cada ano.

Curiosidades
     O Castelo de Chinchón ten unha longa historia que se remonta ao século XV. 

     Durante a Guerra da Independencia, o castelo foi utilizado como cuartel xeral polo xeneral francés Sebastiáni.

     No século XIX, o castelo foi abandonado e na actualidade só quedan algunhas ruínas e parte das murallas.

     Na actualidade, o Castelo de Chinchón é un dos principais atractivos turísticos da cidade, e pódese visitar a Torre da Homenaxe, que é a parte máis antiga do castelo e a única que se conserva en pé.

     Ademais, desde o castelo pódense gozar dunhas vistas panorámicas impresionantes da cidade de Chinchón e os seus arredores.

      Cabe destacar que xa no século XX o castelo foi utilizado como fábrica de licores.


MAPA 

 

Fuente: Web Castillosdelolvido.com

XOAN ARCO DA VELLA

 

domingo, 4 de junio de 2023

RUINAS DA IGREXA DE SANTO ESTEVO - PARDOLLÁN - RUBIÁ

RUINAS DA IGREXA DE SANTO ESTEVO

PARDOLLÁN

RUBIÁ

      Ten a súa orixe no século XII, e foi igrexa parroquial até mediados do século XX, cando se construíu o templo actual, dependente da diocese se Astorga.

     Foi abandonada, perdendo o tellado de lousa e sendo cuberta pola maleza e erosionada pola choiva.

     En 2011 o adro foi acondicionado pola asociación en defensa do patrimonio medieval galego O Sorriso de Daniel coa colaboración da asociación de veciños Santo Estevo, sendo o primeiro paso cara á conservación da capela.

     O templo ten planta basilical dunha única nave, cunha ábsida cuadrangular tanto ao interior coma ao exterior.

     A sancristía tamén é cuadrangular, aberta á nave no lado norte e comunicada co presbiterio a través unha porta.

      No exterior da ábsida aprécianse dúas etapas construtivas, as dúas con cachotería de pedra, habendo un recrecido posterior sobre a cabeceira orixinal da época da edificación do resto da igrexa.

     Este recrecido ten un acceso dende o exterior a modo de xanela cuadrangular sobre o arco triunfal da igrexa.

     As testemuñas orais indican que puido funcionar coma un pombal. Noutro tempo estivo cuberta por unha cuberta branca.

     Na portada sur consérvanse restos dun pórtico ou cabildo. Unha cuberta sinxela descansaba en tres pilares levantados no muro perimetral.

     Esta porta ten trazado de medio punto, moi sinxela, con tímpano liso e como é frecuente no románico rural, ambas as dúas mochetas conteñen figuración de bóvidos, de moi boa labra.

     Na nave os canzorros non son figurados e están feitos en pedra calcaria moi deteriorada.

     Na ábsida os canzorros representan figuración de animais propios da zona (serpe, bovinos, donicelas, osos), ou ben formas xeométricas (bolas ou modillóns de rolos, típicos da arquitectura mozárabe do século X).

     A fachada principal está configurada cun arco de medio punto, cunha dovelaxe de traza e labra excepcional, realizado en conglomerado de arenisca ou “pedra de Pardollán”, como se lle coñece na zona, recoñecible pola súa cor ferrosa. A xanela seteira que se abre sobre a porta está feita coa mesma pedra, reservada para as zonas máis nobres. Toda a portada está coroada por unha gran espadana de dobre arco, hoxe sen campás.

     A esta espadana accédese por unha escaleira situada no lateral norte, de construción posterior e moi mal conservado. As dúas campás desapareceron e sobre os dous óculos ábrese un terceiro máis pequeno sen función aparente.

     A cuberta, actualmente caída, era de dúas augas ao xeito tradicional da zona, cunha trama de madeira recuberto por grandes lousas. A cubrición da ábsida realízase cunha bóveda de canón apuntada

     O interior está articulado en dous tramos marcados por sendas fiestras sinxelas de medio punto. Aprécianse restos dun pequeno coro aos pés da igrexa. O arco triunfal, que da acceso á ábsida, é lixeiramente apuntado, levantado sobre capiteis piares cuadrangulares, sen decoración.. Consérvanse restos de policromía no zócalo e no arco. O chan está enlousado. 


     A igrexa con usos de parroquial ata mediados do XX está rodeada polo vello camposanto, todo de tumbas feitas na terra, algunhas con cruces de ferro e sen lápidas. No muro este ten anexado un panteón familiar erguido no século XX que impide ver a traza orixinal da igrexa.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE ÉNTOMA - ÉNTOMA - O BARCO DE VALDEORRAS

 IGREXA DE ÉNTOMA

ÉNTOMA

O BARCO DE VALDEORRAS

 Éntoma
     San Xoán de Éntoma é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barco de Valdeorras.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 319 habitantes (152 homes e 167 mulleres), un menos ca en 2004 (163 homes e 157 mulleres, segundo o padrón municipal) e 24 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.

Patrimonio
      Está atravesada polo Camiño Real que ía desde Sobradelo até O Barco de Valdeorras, polo que discorre tamén o camiño de Santiago. Consérvase unha ponte romana sobre o río Galir.

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras.

     Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

      En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O seu xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Xeografía
     O río Sil conforma a comarca en tres áreas, o propio val e as serras que se sitúan ao seu norte e sur. O val do Sil contén numerosos sedimentos terciarios, nas serras do sur, Serra do Eixe, Serra Calva e Serra Segundeira atópanse as maiores altitudes de Galicia, dominando os relevos abruptos con abondosas formas periglaciais.

     O relevo montañoso do norte fórmano a Serra de Cereixedo, Serra dos Cabalos e Serra da Enciña da Lastra. O sistema fluvial da comarca céntrase no Sil, que é o principal curso de auga e todos os outros ríos son afluentes del.

     Os tributarios da dereita son ríos curtos, xa que os cumios están próximos ao val, destacando o río Éntoma, e o Leira, os tributarios da esquerda son máis longos, destaca entre eles o Casaio.

     O clima da comarca é oceánico de montaña nas áreas máis elevadas e oceánico de matiz mediterráneo no Val do Sil.

     Valdeorras conta con espazos protexidos, o parque natural da Serra da Enciña da Lastra, o Macizo Central e o Pena Trevinca.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MOSTERIO DE SOBRADO - A POBRA DE TRIVES

 MOSTERIO DE SOBRADO

A POBRA DE TRIVES

 Mosterio de Sobrado
     O mosteiro de Sobrado é un dos exemplares máis significativos do románico do país. A súa construción remóntase ao século XII. 

     Ao interior da igrexa, que é unha soa nave sen cruceiro, accédese por unha peculiar ante igrexa cuberta e con fachada propia.

     O primeiro que chamará a nosa atención é a portada románica, onde destacan o conxunto de capiteis e o dintel sostido por dúas figuras humanas: un músico en posición de tocar unha viola e un acróbata agarrando os pés coas mans.

     Da antiga bóveda só se conserva a cabeceira (presbiterio), xa que no ano 1872 afundiuse  xunto co muro norte. En 1881 restaurouse o muro e o tellado ata quedar como o vemos na actualidade.

     A nave sepárase do presbiterio mediante un arco triunfal de medio punto con tripla arquivolta, os capiteis son, sen dúbida, os mellores da igrexa pola súa boa execución e estraña iconografía.

     

      Os altares son posteriores e dun estilo diferente ao da igrexa e pertencen á época do priorado. De todas as imaxes destacan pola súa calidade a dos catro santos fundadores da orde, que se atopan no primeiro retablo á man dereita, aínda que a imaxe máis antiga corresponde á Piedade do seguinte retablo coñecido como: “Capela de Ánimas”.

       Sen ningunha dúbida o máis completo é o altar maior. A súa concepción e a harmonía do seu conxunto danlle un relevo especial. Ten dous corpos importantes ademais do frontal da mesa. No corpo central está representada a transfiguración e o sagrario expositor, que é anterior ao retablo.

      As imaxes de Santiago e San Martiño non pertencen ao altar nin ao seu conxunto. Algunhas pezas importantes e das que quedan poucas son:: a cruz procesional que data de 1585, a rara peza do pelícano (sagrario expositor) e as dúas pías de pedra que son do 1700. O púlpito confesionario que está á esquerda é de 1850 e desta mesma época son as fermosas pinturas da bóveda do altar maior.

      No muro sur ábrese outra porta  románica con arquivolta sobre columnas rematadas en capiteis con decoración animal. Catro fiestras románicas, con columnas e belos capiteis, destacan entre os contrafortes. O ábside é outra peza importante do conxunto.

      No exterior os contrafortes marcan, por cada lado, o enlace dos tramos recto e semicircular, e neste, son dúas columnas as que seccionan o tambor creando tres espazos. As fiestras, de arco liso de medio punto, están rodeadas por molduras coas súas correspondentes columnas rematadas por capiteis decorados con temas vexetais e zoomorfos. 


      No adro podemos recoñecer onde estivo o claustro cuberto como evidencian os ocos tapados, que aparecen no muro sur e nos contrafortes do mesmo. 


      No centro álzase un cruceiro, segundo inscrición de 1603, e nun extremo elévase unha torre, exenta de orixe defensiva, readaptada como campanario.

MAPA

 

Fuente: Web Turismo Rbeira Sacra

XOAN ARCO DA VELLA