miércoles, 7 de diciembre de 2022

CASTELO DE RIBADAVIA - RIBADAVIA

CASTELO DE RIBADAVIA

RIBADAVIA

Castelo de Ribadavia
     O castelo de Ribadavia é un amplo espazo arqueolóxico e monumental do que foi a fortaleza dos Condes de Ribadavia, da familia Sarmiento. 

     Son os restos dun castelo de grandes dimensións que foi escavado e está na actualidade en proceso de rehabilitación.

Situación
     Sitúase no conxunto histórico de Ribadavia, a súa fachada oeste dá á rua Progreso, debido á súa amplitude forma un conxunto que linda con varias rúas e prazas do conxunto histórico. A entrada a este recinto arqueolóxico de gran valor faise pola oficina de turismo de Ribadavia, sita na Praza Maior, no Pazo dos Condes de Ribadavia.

Historia
     Algúns historiadores como Meruéndano levan a orixe deste castelo aos primeiros anos da Reconquista sendo logo ampliado durante o breve reinado de García de Galicia (1065-1071) que estableceu en Ribadavia a súa corte e a capital do seu reino. Porén outros moitos autores consideran que o castelo foi construído no século XII.

     Tempo despois serviu de refuxio para a Condesa de Traba e o rei neno Afonso VII que alí resistiron o ataque de Arias Pérez partidario dos dereitos sucesorios de Dona Urraca.

     Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade de Ribadavia, entón chamada Bobou, e entregouna xunto co castelo ao seu tutor a Xoán Arias da Casa de Traba No ano 1375 Henrique II de Trastámara concedeulle o señorío de Ribadavia a Pedro Ruiz Sarmiento, pasando desde entón o castelo á propiedade da familia Sarmiento.

     Foi obxecto de importantes reformas no século XV que lle conferiron a súa imaxe definitiva.

     Foi abandonado no século XVII cando os condes de Ribadavia fixan a súa residencia no Pazo dos condes, na praza maior, e que estaba comunicado co castelo por unha porta.

     Tralo seu abandono o castelo sufriu a perda de moita da súa pedra que foi reaproveitada para a construción de moitas casas de Ribadavia.

Descrición
     Unha das portas de acceso á fortificación co escudo dos Sarmiento na doela do arco.

     Das portas das antigas murallas que formaban parte co castelo dos sistema defensivo: a Porta da Vila (norte), a Porta de Santo Domingo (sur), A Porta da Fonte da Prata ou de San Xoán (oeste) e a Porta Nova de Arriba (leste), só esta última se conserva, xunto con outras dúas portas posteriores, a Porta Falsa da Magdalena (postigo) e a Porta da Tafona, que servía para permitir achegarse as augas do Avia.

     Dous fortes torreóns circulares flanquean a porta principal que presenta un arco de medio punto.

     Un escudo coas armas dos Sarmiento e os Fajardo decora a porta principal.

     No interior, nas escavacións arqueolóxicas levadas a cabo por Manuel Chamoso Lamas, puxéronse ao descuberto un conxunto de 20 sepulcros antropomorfos que conformaban unha necrópole medieval, datada nos séculos IX e XII. 

     A carón das tumbas unha escalinata circular traballada directamente na rocha nai e que puideron pertencer á capela ou templo que fora o centro do camposanto.

     No interior do recinto amurallado construíuse, no século XX, na parte máis achegada ao río un auditorium, onde se celebra a Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, no mes de xullo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 5 de diciembre de 2022

SAN PEDRO DE BAÑOS - MARCELLE - MONFORTE DE LEMOS

 SAN PEDRO DE BAÑOS

MARCELLE

MONFORTE DE LEMOS


 San Pedro de Baños
     San Pedro de Baños é un lugar da parroquia de Marcelle no concello lucense de Monforte de Lemos, na comarca da Terra de Lemos.

Marcelle
     San Miguel de Marcelle é unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

     No ano 2007 tiña 129 habitantes, deles 69 eran homes e 60 eran mulleres.

     Limita ao norte coas parroquias de Guntín e A Penela, ao leste con Vilamarín e Doade, ao sur con Paradela e ao oeste con Neiras, Gundivós, Brosmos e Doade.


Lugares de Marcelle
   Agrelos, Os Asenxos, Barxa, O Campelo, Candeda, O Colado, A Costa, A Esfarrapa, A Estrada, Freixo, Matelas, A Meda de Abaixo, A Meda, As Minas de Freixo, Pacios, Os Palleiros, A Pendella, A Pereira, A Portela, A Reguenga, Río, Riocovo, As Rozas, San Fiz, San Pedro de Baños, O Seixo, O Val do Bolo, A Veiga, Vilanova

Comarca da Terra de Lemos
     A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

     A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

      Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Situación
     A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo.

     Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. 

     Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. 


    No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 4 de diciembre de 2022

ENTALADA - CASTRO LABOREIRO - MELGAÇO

 ENTALADA

CASTRO LABOREIRO

 MELGAÇO

 Castro Laboreiro
     Castro Laboreiro é un dos pobos máis emblemáticos da rexion do Minho resultado do illamento que sufriu no pasado, o que permitiu chegar intacto ata os nosos días, os aspectos do patrimonio histórico e cultural da localidade, como a arquitectura, a paisaxe e a forma de vida da súa xente, hoxe en día tamén marcado por un forte espírito de comunidade.

     O antigo concello medieval, está situado no extremo norte do Alto Miño en Portugal.

     Sendo un pobo situado na montaña, a máis de mil metros de altitude, significou que os castrexos defenderon as seus costumes e tradicións de todas as influencias estrañas, e que aínda persisten.

     Unha destas tradicións é a "inverneiras" e "brandas".

     A mediados de decembro, coa chegada do frío e as nevadas, as poboacións de Castro Laboreiro levan a súa roupa, utensilios para o fogar, a agricultura e o pastoreo de gando ", acoden en multitude aos vales, onde teñen unha segunda residencia e un segundo pobo ".


     (Roca, 1993). E están na "Inverneira", ao abrigo do frío ata mediados de marzo.

     "O pobo de Castro Laboreiro foi sempre coñecido, polas súas migracións nómadas ...

     Isto non é unha transhumancia, pero e migración global - o gando, a xente, e os medios de vida, deixando eses lugares totalmente solitarios.

     " Sampaio (1991) fai referencia ás tradicións Castrexas cando di: "Ricos en tradicións e costumes, pódese poñer de relevo a experiencia da comunidade e os cambios periódicos de maior poboación natutal, denominado "brandas" para os chamadas "inverneiras" cando chega o frío e viceversa, a principios da primavera."

Os montes do Laboreiro
     A serra do laboreiro forma parte do Parque Nacional de Peneda-Geres e a súa morfoloxía é caracterizada pola existencia de altas montañas, ladeiras empinadas e cantís, que están situadas a máis de 1.000 metros, alternando con profundos vales de vexetación exuberante.

     Atravesada por moitos afluentes que desembocan no río Laboreiro que forman vales de vexetación densa que se transforma en diferentes escenarios nas diferentes estacións.

     A ocupación da montaña do Laboreiro estivo sempre vinculada á explotación dos recursos naturais, marcado por unha ocupación estacional, que predominaba o pastoreo e a agricultura, coa ocupación dalgúns dos lugares máis altos ao longo do verán e xunto ao rio no inverno. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE NOGUEIRA DE MIÑO - A EIREXE - NOGUEIRA - CHANTADA

 IGREXA DE NOGUEIRA DE MIÑO

A EIREXE

NOGUEIRA

CHANTADA

Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño
     Está situada na cima do famoso meandro Cabo do Mundo. 

     Santa María de Nogueira combina partes da segunda metade do século XII e do segundo terzo do XVIII, época na que sofre importantes reformas na fachada, que actualmente mostra o antigo rosetón románico e campanario e formas barrocas.

     A igrexa é dunha soa nave, con arco triunfal e cabeceira cuadrangular cunha ventá de arco de medio punto posterior decorada, aínda que o retablo no  interior non nola permite ver.

     A ábsida cóbrese cun tramo recto con bóveda de canón e bóveda de aresta.  Na cabeceira catro columnas posúen decoración en capiteis e basas, sendo probablemente de varias mans xa que algúns son máis bastos.

     Lateralmente no seu tramo norte está unida unha sancristía, así como a chamada Capela de Alba.

     Os canzorros exteriores, así como a porta sur, adórnanse cunha rica e variada temática onde a presenza de fauna local é unha constante: cabras, morcegos, troitas, anguías …

     No seu interior destacan unhas impresionantes pinturas renacentistas, restauradas na segunda década do século XXI, e que lle valen o sobrenome da Capilla Sixtina galega. Realizadas ao fresco sobre un morteiro de cal e area. Atribúense ao chamado “Mestre de Nogueira” e sitúanse segundo o profesor García Igrexas ao redor de 1560.

     Está enmarcado en franxas ornamentais de gran riqueza formal e linguaxe renacentista. Móstrasenos un Xuízo final con Cristo rodeado de anxos que sosteñen os elementos da Paixón; a corte celestial preside o conxunto sobre os condenados e o inferno. Atribúense á primeira metade do século XVI e posúen unha rica gama cromática que nos reflicte a importancia da obra no momento.

     Posúe importantes faltas debido á posterior colocación dun púlpito, hoxe retirado, e á construción da Capela de Alba. No tramo da ábsida pódese apreciar a escena do Bico de Xudas no pano dereito, e unha escena do Via Crucis na dereita, mentres que no teito podemos observar a representación dos catro ventos, unha lúa e un sol.

     A porta norte presenta unha delicada ornamentación, con arquivoltas decoradas e tímpano, así como mochetas con representacións animais.

     No exterior, a ábsida cuadrangular ofrece tamén unha delicada e decorada ventá con arco de medio punto.

Unha escaleira dá acceso desde o exterior á espadana, onde posúe unha campá que co seu son alaga o val do Miño.

     Segundo contan os veciños, foi obxecto dunha curiosa disputa entre o párroco de Nogueira e outro párroco veciño por ver cal das dúas parroquias se facía coa campá máis grande, saíndo Nogueira vitoriosa de tan curiosa disputa.

Nogueira de Miño, Chantada
     Santa María de Nogueira de Miño é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo.

     No ano 2011 tiña 144 habitantes segundo datos do INE[2] e do IGE[3] deles 70 eran homes e 74 eran mulleres. Isto supón unha diminución respecto o ano 2007 tiña 150 habitantes, deles 75 eran homes e 75 eran mulleres.

Patrimonio
    Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, románica, da segunda metade do século XII, con reformas no XVIII na torre e fachada.

Lugares de Nogueira de Miño
     Cartemil, A Eirexe, Fondo de Vila, Goimil, Lagariza, O Muiñovedro, O Navallo, Nogueira de Abaixo, Nogueira de Arriba, Pedrido, Portanogueira, San Lourenzo, Sernande, Soto, Souto, A Veiga

Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada. 


     Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.  

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Turismo Ribeira Sacra

XOAN ARCO DA VELLA