domingo, 24 de abril de 2022

PONTE DA SEÑORA DAS NEVES - RÍO TROVELA - CORRELHA - PONTE DE LIMA

 PONTE DA SEÑORA DAS NEVES

RÍO TROVELA

CORRELHA

PONTE DE LIMA

Correlhã
      Correlhã es unha fregresia portuguesa do concello de Ponte de Lima, con 8,04 km² de superficie e 3.068 habitantes (2001).  A sua densidade de poboción e de 381,6 hab/km².

Ponte de Lima
     Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

     É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

     Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.

Toponimia
      O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.

Historia
      A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte. Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.

     A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.

      A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.

     Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.


Freguesías
    Anais
    Arca
    Arcos
    Arcozelo
    Ardegão
    Bárrio
    Beiral do Lima
    Bertiandos
    Boalhosa
    Brandara
    Cabaços
    Cabração
    Calheiros
    Calvelo
    Cepões
    Correlhã
    Estorãos
    Facha
    Feitosa
    Fojo Lobal
    Fontão
    Fornelos
    Freixo
    Friastelas
    Gaifar
    Gandra
    Gemieira
    Gondufe
    Labruja
    Labrujó
    Mato
    Moreira do Lima
    Navió
    Poiares
    Ponte de Lima
    Queijada
    Refóios do Lima
    Rendufe
    Ribeira
    Sá
    Sandiães
    Santa Comba
    Santa Cruz do Lima
    Santa Maria de Rebordões
    Seara
    Serdedelo
    Souto de Rebordões
    Vilar das Almas
    Vilar do Monte
    Vitorino das Donas
    Vitorino dos Piães

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 22 de abril de 2022

PONTE DA PEDREIRA - RÍO TINTO - TEO

PONTE DA PEDREIRA

RÍO TINTO

TEO

 Ponte da Pedreira

     A Ponte da Pedreira forma, xunto co lavadoiro situado no propio río, un importante conxunto de arquitectura popular. 

    Trátase dunha ponte de orixe medieval que inicialmente só posuía un único arco de medio punto lixeiramente apuntado.

    As reformas posteriores ampliaron a antiga ponte de cantaría situada sobre o río Tinto.

    Sobre o propio leito do río atópanse unhas laxas de pedra colocadas de xeito case vertical que serviron ás mulleres da zona para lavar a roupa sobre o propio curso do río. 


  Cada unha das 5 ou 6 pedras que había eran de propiedade privada pero con frecuencia cedíanse para que as usaran outras mulleres. 

    Despois do lavado, aproveitábanse as leiras que estaban cerca para clarear a roupa.

MAPA

 

Fuente: Concello de Teo

XOAN ARCO DA VELLA


jueves, 21 de abril de 2022

MUIÑO EN BORRAXAS - REGO DE PORTO DO CARRO - FEÁS - BOBORÁS

MUIÑO EN BORRAXAS

REGO DE PORTO DO CARRO

BORRAXAS

FEÁS

BOBORÁS


 Borraxas
      Borraxas é un lugar da parroquia de Feás no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña un habitante (unha muller), dous menos ca en 2010, cando tiña un home

Feás
      Santo Antón de Feás é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. A parroquia abarca os núcleos de poboación de Feás, Borraxas, Vilachá e A Fenteira.

       A capitalidade parroquial está na aldea de Feás. No século XX sufriu un gran descenso de poboación pola emigración, maiormente a México, pero tamén a Panamá, Venezuela, Suíza, Alemaña e incluso a Suráfrica. Segundo o IGE, en 2012 tiña 427 habitantes (186 homes e 241 mulleres).

     O nome da parroquia ten orixe na palabra latina fenales, é dicir, lugar de feno, de herba seca

Xeografía
     Para chegar a Feás débese usar a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra), desviándose á altura de Brués.

     A parroquia de Feás está situada ó abeiro da cadea montañosa do Testeiro, ó agarimo do norte nas estribacións da serra. A parte máis alta da parroquia localízase no lugar da Fenteira, situada arredor dos 800 metros e chega nas cotas máis baixas ata os 450 metros de Borraxas, atopándose nunha zona de transición A Vilachá e Feás, que teñen unha altitude próxima ós 500 metros. 

     A disposición destes dous últimos lugares semella a dunha zona de aterrazamento formadas nesa transición das terras de montaña cara ós fondos vales que describen os ríos Cardelle e Lodairo, xa en altitudes próximas ós 320 metros. Son estes cursos fluviais os que permitiron a construción de muíños e propician a aparición das primeiras paisaxes de viñedo na zona do Foxo e Amarante.

     Cunha superficie de 12,6 km², o seu terreo está constituído por rochas xistosas que modelan un relevo típico que se prolonga ata as veciñas terras de Beariz e ata o río Lodairo, onde se produce o contacto co dominio granítico, predominante na súa marxe esquerda.

Lugares de Feás
     Borraxas, As Costiñas, O Curro, Feás, A Fenteira, A Vesada, Vilachá

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DE SAN LOURENZO - PAREDES - ALBARELLOS - BOBORÁS

 CAPELA DE SAN LOURENZO

PAREDES

ALBARELLOS

BOBORÁS

CAPELA DE SAN LOURENZO
     Capela de planta rectangular de aparello de cadeirado, co atrio cuberto e exento situada no lugar de Paredes. 

       Ten cuberta de lousa a catro augas. Na fachada ten muros ornamentados e porta de madeira e enferrado metálico.

Paredes
    Paredes é un lugar da parroquia de Albarellos no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

     Tiña 1 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 1 eran homes e 0 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 1 habitantes (1 homes e 0 mulleres).

Albarellos
     San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     En 2017 tiña 224 habitantes, 129 menos ca en 2007 (172 homes e 181 mulleres) e 146 menos que en 2006.

Lugares de Albarellos
     Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, O Paraíso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, A Seara, Sobredo, Valdesenda

Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).


      Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio é boborao ou boborés.

Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados.

     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

 Historia
     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.

     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.

Parroquias de Boborás     
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)  

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 20 de abril de 2022

CASTRO DE CIVIDADE - COSSOURADO - PAREDES DE COIRA

CASTRO DE CIVIDADE

COSSOURADO

PAREDES DE COIRA

Castro de cividade

      Castro da Idade do ferro fortificado nun asentamento,  con boa visibilidade e as condicións perfetas para defensa. 

     Ten dúas liñas defensivas que rodean a zona de vivendas.

Cossourado
     Cossourado e unha freguesía portuguesa do municipio de Paredes de Coura, con 5,53 km² de área e 338 habitantes (2001).

     A densidad de poboación e de 61,1 h/km².


Paredes de Coura
      Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.

     É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 21 freguesías.

     O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, o sur por Ponte de Lima e o oeste por Vila Nova de Cerveira.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA