domingo, 17 de octubre de 2021

CAPELA DA ASCENSIÓN DE BOEL - BOEL - SANTALLA - RIBEIRA DE PIQUÍN

CAPELA DA ASCENSIÓN 

BOEL

SANTALLA

RIBEIRA DE PIQUÍN

Boel
     Boel é un lugar da parroquia de Santalla no concello lugués da Ribeira de Piquín na comarca de Meira.

Santalla
Santalla é unha parroquia do concello lugués de Ribeira de Piquín na comarca de Meira. 

    No ano 2007 tiña 259 habitantes (130 homes e 129 mulleres) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 67 habitantes en relación ao ano 2000.

Historia
     Nos inicios do reinado de Afonso IX, Urraca Gómez, irmá do conde Gómez de Trastámara, arrepentíndose de quebrantar a xurisdición do coto do mosteiro de Meira, ofrécelles en compensación as súas posesións de Santa María de Rostrigos e Santabaia de Piquín.

     O 19 de novembro de 1184, o rei Fernando II, gran benfeitor do convento de Meira, concédelle o reguengo de Santabaia.

     O vínculo da casa-torre de Santabaia de Piquín foi fundado polo capitán Pedro López Rancaño, sendo sucesores o capitán Pedro López de Rancaño Pita e o almirante da armada naval de Flandres, Bartolomé de Rois Luaces.

Patrimonio
     A igrexa parroquial de Santalla posúe interesantes retablos de época barroca.

Lugares de Santalla
Barangón, Boel, Cabaceira, Os Cangos, O Castro, O Corral, O Cruceiro, As Figueiras, A Graña, Lamas, Outariz, O Paraíso, Piquín, O Pulvureiro, O Quintario de Couso, Os Quintarios, Santalla, O Terrexal, Vilares, Vilarpescozo

Parroquias de Ribeira de Piquín
     Navallos (San Pedro), San Xurxo de Piquín (San Xurxo), Santalla (Santalla), Santiago de Acevo (Santiago), Os Vaos (San Xoán)

Comarca de Meira
     A comarca de Meira é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Meira. A esta comarca pertencen os concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 16 de octubre de 2021

IGREXA DE OS VAOS - OS VAOS - RIBEIRA DE PIQUÍN

 IGREXA DE OS VAOS

OS VAOS

RIBEIRA DE PIQUÍN

 Os Vaos
     San Xoán dos Vaos é unha parroquia do concello lugués de Ribeira de Piquín na comarca de Meira.

     No ano 2007 tiña 119 habitantes (56 homes e 63 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 25 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio
      Ademais da igrexa parroquial de San Xoán dos Vaos, hai varias capelas: San Caetano, San Bartolomeu, San Luis, Santa Ana, Santo Estevo e Santa Catarina.

Lugares dos Vaos
     A Budueira, Cartea, Invernego, Muxén, Ouviaña, Seoane, Os Vaos


Ribeira de Piquín
     Ribeira de Piquín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 580 habitantes. O seu xentilicio é «ribeirego».

Situación
     O concello de Ribeira de Piquín está situado a un 50 km ao nordeste da capital da provincia. Entre a súa paisaxe atópase o río Eo. A casa do concello atópase situado no Chao de Pousadoiro. 


      Ribeira de Piquín ten unha extensión de 73 km² e limita ao norte coa Pontenova e Riotorto, ao sur con Baleira, ao leste coa Fonsagrada, e con Meira e Pol ao oeste.

Relevo e orografía
      Ten un relevo moi accidentado configurado por dúas serras que bordean o paso do río Eo.

     Estas dúas formacións son a Serra de Meira, que limita o concello ao oeste e a Serra de Pousadoiro que o limita ao leste.

    O río Eo atravesa o concello pola súa parte central, formando xunto coas serras un val angosto e encaixado. A aparente uniformidade destas terras interrómpenas outros dous ríos que tamén a cruzan, o río Rodil e o río Lúa.

      Hai outros moitos ríos de menor envergadura e arroios que discorren polos profundos vales, en especial na zona nordeste, onde se alcanzan maiores altitudes, próximas aos 900 metros. Os puntos máis elevados son A Pena de Ouviaña de 893 m e A Pena Grande de 889 m.

     Nos cincuenta integrouse no concello de Ribeira de Piquín a parroquia de Santiago de Acevo.

Parroquias de Ribeira de Piquín


     Navallos (San Pedro), San Xurxo de Piquín (San Xurxo), Santalla (Santalla), Santiago de Acevo (Santiago)  Os Vaos (San Xoán) 


Comarca de Meira
      A comarca de Meira é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Meira. 

    A esta comarca pertencen os concellos de Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto. 

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

RUINAS DA CAPELA DE NOVAIS - NOVAIS - PORTOMOURO - VAL DO DUBRA

RUINAS DA CAPELA DE NOVAIS

NOVAIS

PORTOMOURO

VAL DO DUBRA

     Capela de planta rectangular dunha soa nave feita a base de perpiaño escuadrado e cachotería. Ten o teito caído e case todo o edificio ameaza ruína. 

     Ten acceso pola zona noroeste por unha entrada alintelada e que na súa base ten unha pedra con gravado de debuxo xedrezado. Conserva o arco triunfal de medio punto labrado con doelas de boa cantería.

     No presbiterio unha estreita ventá rematada en arco de medio punto e orientada ao sueste daba luz no interior. Na parte inferior deste oco está labrada unha cruz coa forma patada na base.

     Noutros puntos do templo pódense ver tamén outras cruces gravadas nas fiadas inferiores de perpiaños dos lenzos dos muros, e difíciles de apreciar por mor dos derrubamentos das pedras das partes superiores destes.

     Polas trazas das paredes, o edificio parece que foi reformado para outros usos reaproveitando parte das pedras e colocándoas noutros lugares.

      Hai un pequeno muro cegando parte do arco triunfal facendo un recinto a modo de cortello, e unha pía grande de pedra para conter agua acaroada ao muro esquerdo da capela.

     Algúns canzorros están fora de lugar colocados nos muros, fixéronse buratos para poder apousentar vigas para un posible sobrado e a dereita da porta parecen adiviñarse os restos da base dunha pía bautismal.

     A capela tería relación co Mosteiro de Novalis cerca do río Tambre e que aparece nomeado na Historia Compostelana, no ano 1108, nunha doazón onde sinala o sitio como “in ripa Tameris de Monasterio Novallis”

Portomouro
     San Cristovo de Portomouro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra.

     Segundo o IGE en 2020 ten 358 habitantes (189 mulleres e 169 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 422 habitantes.


Situación
     Portomouro atópase no cruzamento de camiños que van dende Santiago de Compostela cara ao norte, para as terras de Bergantiños (Carballo) pola AC-1914, e para as terras do Xallas (Santa Comba) pola AC-404.

Economía
     Portomouro vive principalmente do sector servizos e do traballo co gando vacún.

     Subsisten explotacións particulares de produción leiteira para a industria láctea complementada coa recría para a venda.

Patrimonio
     Como recursos naturais e etnolóxicos destacan os paseos nas beiras do río Tambre, con vexetación autóctona (carballos, bidueiros, amieiros, freixos etc.).

     A Pedra do Home é un conxunto de tres sepulturas antropomorfas.

Lugares de Portomouro
     Cernadas, Novais, Portomouro de Abaixo, Portomouro de Arriba, Xermán

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

jueves, 14 de octubre de 2021

ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN DE VERDÍA - SANTIAGO DE COMPOSTELA

 ANTIGUA ESTACIÓN DE TREN DE VERDÍA

VERDÍA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Estación de Verdía
      Verdía é un apeadoiro de Adif, situado en Verdía, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña. 

      Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.


    Santa Mariña de Verdía é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. 

      Segundo o IGE en 2009 tiña 306 habitantes (162 mulleres e 144 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.

Patrimonio
    Igrexa de Santa Mariña de Verdía, románica.
    Estación de Verdía, antiga estación de tren reconvertida en centro sociocultural.

Festas
     As festas parroquiais son o 18 e 19 de xullo.

Lugares de Verdía
      A Eirexe, Insuas, Lobra, Quintáns, Verdía de Abaixo, Verdía de Arriba, Vilar de Outeiro


Comarca de Santiago
     A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña, a capital é Santiago de Compostela.

    A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.


Situación
      No sur da provincia da Coruña, linda polo norte coa comarca de Ordes, polo oeste coas de Xallas, A Barcala e Noia, polo sur coas do Sar e Tabeirós - Terra de Montes, e polo leste coas de Arzúa e Deza.

      Situada no sector centro-occidental de Galicia, a comarca de Santiago presenta un relevo de formas suaves e onduladas, lixeiramente incididas polos numerosos ríos que a sucan. O río Tambre percorre o norte, establecendo o límite coas comarcas de Ordes e A Barcala; e, tras recibir as augas do seu afluente o Dubra, o seu curso vai encaixado polas terras de Ames e Brión, onde é represado no encoro Barrié de la Maza.

      Polo sur o río Ulla, límite natural entre a provincia da Coruña e a de Pontevedra, percorre un fértil val para encaixarse profundamente na Ponte Ulla, ao pé do Pico Sacro. Tamén fértil é o val de Amahía, que se estende polo concello de Ames e é percorrido polo río Sar que, xunto co Sarela rega as terras de Santiago. Augas abaixo, xa fóra da comarca, o Sar achega o seu caudal ao Ulla. A abundancia de cursos fluviais e o clima chuvioso durante o outono e inverno favorece unha vexetación frondosa e sempre verde que caracteriza a paisaxe desta comarca. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA