martes, 4 de agosto de 2020

CRUZ DO SEIXO - MONTE DO SEIXO - A LAMA

CRUZ DO SEIXO
MONTE DO SEIXO
A LAMA



Alto da Cruz do Seixo
      O Mirador Alto da Cruz do Seixo está en A Lama. Este miradoiro ofrece unha boa vista da comarca de O Carballiño e parte desta Serra do Cando. 



     Un dos lugares máis salientables é a presenza próxima do monumento megalítico coñecido como Portalén ou Porta do Alén, que se traduce como "porta do máis alá" e ao seu carón, o impoñente Marco do Vento cos seus seis metros de altura.


Monte do Seixo
     O Monte Seixo, dacabalo entre A Lama e Cerdedo Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento. 



     Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nas zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas.


     Hai casos como o de O Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.



     A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense. 



     Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rochosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.


     En O Portalén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despois gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 3 de agosto de 2020

MIRADOR E CASETA FORESTAL DO OUTEIRO DO COTO - MONTE DO SEIXO - FORCAREI

 MIRADOR E CASETA
DO OUTEIRO DO COTO
MONTE DO SEIXO
FORCAREI


Mirador e caseta forestal do Outeiro do Coto 
     O Mirador do Outeiro do Coto está situado en Forcarei preto do Monte Seixo. 


     Xunto ao miradoiro hai unha pequena casa de tipo abrigo situada nesta altura duns 1000 metros de altura.


     É o punto máis alto da Serra do Cando e ofrece unha vista impresionante sobre oeste e o norte das rexións veciñas.


Monte do Seixo
     O Monte Seixo, dacabalo entre A Lama e Cerdedo Cotobade, é particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e vento. 



     Nestas rochas a erosión vai creando alvéolos nas zonas periféricas, dando formas redondeadas ou caprichosas as rochas.


     Hai casos como o de O Portalén, preto da Capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno presenta insólitos puntos de apoio entre penedos, e mesmo que as pedras de avalar serve coma lugar de rito.



     A parte este de Cotobade esta ocupada pola Serra do Cando, que se extende entre os rios Vergugo e Lérez ata chegar a Beariz, en Ourense. 



     Estes espazos de brañas, carqueixas e breixos, onde se chegan a superar os 900 metros, forman parte da Red Natura como lugar de interés comunitario e dan acubillo a diversas formacións rochosas de formas sorprendentes, que son orixe de lendas e contos.


     En O Portalén, segundo a lenda, os que quixeran falar cós defuntos terían antes que atravesar a “portalén“de norte a sur, e despoís gardar silencio, baixo pena de perder voz ou sáude. Só entón podería ter contacto co máis alá.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

PETO DOS REMEDIOS - CURUXAL - MELÓN

PETO DOS REMEDIOS
CURUXAL
MELÓN


    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.



     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


 
     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.



     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.



     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.



     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.



     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DE TOURÓN - TOURÓN - MELÓN

CRUCEIRO DE TOURÓN
TOURÓN
MELÓN


Melón
     Melón e un municipio da localidade española da provincia de Ourense, na comunidade autónoma de Galicia. Pertenece a Comarca do Ribeiro y conta con unha población de 1254 habitantes (INE 2017).



Historia
     Sobre la base dos datos do Censo de Pecheros de 1528,no que contaban eclesiásticos, fidalgos y nobres, se regxstranse 81 pecheros, e decir unidades familiares que pagaban impostos.



    ​ No documento orixinal, a localidade aparece denominada como Coto de Melón.


Comarca del Ribeiro
     A comarca do Ribeiro es unha comarca gallega da provincia de Ourense, con capital no municipio de Ribadavia. Pertenecen a ela os municipios de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.



Petos, cruceiros e canastros
    Os petos de ánimas, os cruceiros e os canastros son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


 
     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.



     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.



Cruceiros
     Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.


 
     Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.



     Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

PÍA DE POULO - COTO DO DOMO - POULO - GOMESENDE

PÍA DE POULO
COTO DO DOMO
POULO
GOMESENDE


     Pía escavada na pedra e coñecida popularmente como “tumba celta “, dado o seu parecido con sartegos suevos ou altomedievais, que gardan certa semellanza con este tipo de construcións feitas na rocha. 


     A pía presenta unha canle no lado dereito relacionado como noutras existentes en lugares de Galicia, con rituais relixiosos, de carácter máxico ou de ofrenda a forzas da natureza. 


     Nos bordes da pía pódese apreciar un rebaixe correspondente con marcas relacionadas coas cerimonias para o que eran usadas. 


     Non se descarta que a través dos tempos estás pías acolleran diferentes usos como aprovisionamento de auga ou de tipo relixioso curativo en rituais xa cristianizados


     Conta a lenda que aquí estaba enterrada unha princesa/moura.



        Nas proximidades existe un lugar do que se extraeron pedras para contruir un muíño no pobo de Cerdal. 



     Dese monte comezaron a saír pedras labradas, marcos de portas, incluso algún recipiente de cerámica. 


     A dona do terreo decidiu prohibir a extracción de pedras por medo a atopar a “trabe de alquitrán” lenda moi extendida na zona…

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA