domingo, 25 de octubre de 2015

DIA DEL ENOTURISMO - RUTA DO VIÑO

 DIA DEL ENOTURISMO
4 a 11 de Noviembre
RUTA DO VIÑO RIAS BAIXAS


     IV Cata Amateur, taller de memoria sensorial para invidentes, bus del vino y una charla centran el programa especial del Día Europeo del Enoturismo


     La Ruta do Viño Rías Baixas y el Ayuntamiento de Cambados ofrecen actividades para crear “una experiencia enoturística atractiva” y que se desarrollarán entre los días 4 y 11 de noviembre


     La Ruta do Viño Rías Baixas y el Ayuntamiento de Cambados han presentado esta mañana en el Museo del Vino la programación especial con motivo del Día Europeo del Enoturismo, que se celebra el próximo 8 de noviembre. En el acto participaron la gerente de la asociación sin ánimo de lucro, Lorena Varela; el concejal de Enoturismo cambadés, José Ramón Abal, y la directora del Museo del Vino de Cambados, Rocío Acha.


     Lorena Varela fue la encargada de dar a conocer las actividades que se ofrecerán al público entre los próximos 4 y 11 de noviembre. “Hemos tratado de elaborar una programación con la que podamos ofrecer una experiencia enoturística atractiva”, indicó, al tiempo que anunció que “este año contamos con importantes novedades”.


     Una de las más destacadas será el desarrollo de “un taller de memoria sensorial para invidentes, que realizaremos en colaboración con la ONCE y de modo exclusivo para 20 de sus asociados”. Al hilo, Varela recordó que “la Ruta do Viño Rías Baixas es una de las doce incluidas dentro de la Guía de Enoturismo Accesible editada por Predif y por ello hemos querido poner en marcha esta actividad”. La gerente de la Ruta do Viño aprovechó la ocasión para “agradecer el apoyo al presidente del Consejo Territorial de ONCE Galicia, Carlos Fernández, en el desarrollo de esta iniciativa que esperamos se pueda repetir en el futuro”, afirmó. El taller de memoria sensorial para ciegos tendrá lugar el próximo 4 de noviembre a las 19.00 horas en el Museo del Vino de Cambados.


     La programación especial por el Día Europeo del Enoturismo continuará el día 7 de noviembre con una de las propuestas clásicas: el Bus del Vino. Se ofrecerán dos recorridos que saldrán a las 10.00 horas de una parada delante del Parador del Albariño de Cambados. “Esta actividad tiene un coste de 6 euros y llevará a los visitantes, en la primera ruta, por las bodegas Casa da Barca y Martín Códax, y en la segunda, por Condes de Albarei y Don Olegario”, concretó Lorena Varela.


     No obstante, el mayor reclamo será, sin duda, la IV Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, que se desarrollará el domingo 8 de noviembre coincidiendo con la celebración del Día Europeo del Enoturismo. La actividad es de carácter gratuito, previa inscripción, y tendrá lugar en el Salón de Congresos y Exposiciones José Peña de Cambados. “El sumiller Nacho Costoya será el encargado de dirigir la cata amateur, en la que se degustarán un total de cinco vinos de la D.O. Rías Baixas”, indicó la gerente de la Ruta do Viño Rías Baixas, quien recordó que la actividad tiene un aforo de “120 personas”.


     Concluirá la programación especial con una charla coloquio sobre enoturismo y redes sociales. Esta se desarrollará el miércoles 11 de noviembre en el Museo del Vino de Cambados a partir de las 19.30 horas. La actividad es de carácter gratuito y dispone de un total de 40 plazas.


     “Con este programa queremos dar a conocer los distintos aspectos del enoturismo en general, y de la Ruta do Viño en particular, a través de propuestas atractivas y que aporten un valor añadido”, concluyó. Varela reiteró su agradecimiento al Ayuntamiento de Cambados y mostró su deseo de que “continuemos desarrollando actividades en torno a un sector tan importante como el del enoturismo”.


     Por su parte, José Ramón Abal ratificó “o apoio total e decisivo desta Concellaría ao enoturismo e á Ruta do Viño Rías Baixas, que o pasado ano recibíu máis de 70.000 visitantes”, algo que también se refleja en la colaboración en la puesta en marcha de esta programación especial. Prueba también de la implicación del ejecutivo cambadés es la reciente incorporación del edil “á Xunta Directiva da Asociación de Cidades do Viño de España (Acevin)”, además de la propia creación de una concejalía y un portal web exclusivos dedicados al enoturismo.


     “Dende o Concello de Cambados estamos moi involucrados coa promoción do enoturismo, xa que somos conscientes do grande potencial que ten. Por iso, este ano ampliamos a oferta existente co obxectivo de ofrecer unha experiencia enoturística atractiva para todos os públicos. Non en van, este verán a nosa oferta turística atraeu a Cambados máis de 14.000 visitantes, 5.000 máis ca no mesmo período do ano pasado”, indicó José Ramón Abal. “Con esta programación co gallo do Día Europeo do Enoturismo, estamos a apoiar, unha vez máis, a un sector clave na nosa comarca”, concluyó.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 22 de octubre de 2015

PROGRAMA XUNTANZA BLOGGERS

 PROGRAMA XUNTANZA BLOGGERS
PONTEVEDRA


     Alrededor de 30 bloggers gastronómicos se darán cita en Pontevedra el próximo sábado 24



     La cita dará comiendo a las 10:30 horas en el Café Moderno. A partir de las 11:00 h., se iniciará un recorrido por el casco vello de Pontevedra, guiado por Xoán de www.xoanarcodavella.com hasta llegar a la Praza de Abastos, donde, de la mano de Pesca de Rías, realizarán un recorrido por el mercado y los asistentes conocerán esta marca de calidad que  identifica y diferencia los productos de la pesca artesanal gallega.

     A las 12:30 horas, la Denominación de Orixe Rías Baixas toma el relevo con una cata de vinos, tras la cual, cortesía de Nordesía, tendrá lugar la sesión vermú.

     Alrededor de las 14.30 horas, el Chef de El Cafetín,  Rubén Gónzalez Vallejo y su equipo,  recibirá al grupo para ofrecerles  un menú degustación, con productos de la tierra y de temporada.



Rubén Gónzalez

     La organización agradece a las siguientes entidades su colaboración:

      El café Moderno, PescadeRias ¿de onde si non?,  El Cafetín; D.O. Rías Baixas, Vermú Nordesía, Bodega Viña Moraima, Supermercados Froiz, Cartablanca Marqueting Gastronómico, Solidaridad Internacional de Galicia- Comercio Justo, y el 2º curso de Dirección de Cocina del CIFP Carlos Oroza.

Emilia y Xoan
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 15 de octubre de 2015

PAZO BAIÓN - VILANOVA DE AROUSA

PAZO BAIÓN
ABELLEIRA
VILANOVA DE AROUSA


     O Pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. 

     
     O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. 

     
     Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico. Actualmente pertence á adega Condes de Albarei.


Extensión
      O terreo conta con 28.7 hectáreas de uva albariña, o que o converteu durante moitos anos na maior plantación desta variedade de uva en toda Galicia. Nos últimos anos perdeu este título, malia que segue a ser a maior plantación desta variedade da comarca do Salnés.



Orixe
A primeira edificación tratábase dunha casa-torre de orixe medieval, pertencente á familia Priegue. O Pazo actual comenzou a edificarse no ano 1928 por Adolfo Fojo, un emigrante que retornou enriquecido de América. Mentres se estaba a rehabilitar, cedeulla ao seu fillo Narciso Fojo e ós seus 14 netos, razón pola cal durante grande parte do século coñeceuse coma a Finca dos Fojo.



Etapa de Laureano Oubiña
     A propiedade rústica foi adquirida no 1987 por 275 millóns de pesetas por unha sociedade formada polos contrabandistas Laureano Oubiña, Sito Miñanco e Pablo Vioque, sendo os seus titulares reais o matrimonio formado por Laureano Oubiña e a súa muller, Esther Lago. 



   O matrimonio, que nunca chegou a instalarse no Pazo, deixou de lado o coidado das parras, o que ocasionou un descenso da produtividade dos viñedos. Durante esta época fíxose famosa a imaxe de nais de drogodependentes, lideradas por Carmen Avendaño, manifestándose ás portas da finca.


     Pazo Baión foi intervido cinco anos despois da Operación Nécora, o 9 de xaneiro do 1995 por parte do xuíz Carlos Bueren, mentres que o xuíz Baltasar Garzón procedeu ao seu embargo para facer fronte á multa da Operación Nécora, que ascendía a un total de quince millóns, e no transcurso da cal foron detidos Laureano Oubiña e a súa muller. 



     Malia todo, só puido ser condenado catro anos despois, por mor dun alixo de quince toneladas de haxís incautados no barco Regina Maris. Tras esta condena, Oubiña fuxiu da xustiza, sendo prendido ao cabo de trece meses pola Interpol en Grecia.


 

Xestión do Estado
     Para evitar a parálise da empresa, o Estado español arrendou no 1996 a súa xestión á empresa catalá Freixenet, que mantivo durante durante trece anos a súa explotación.


     
     Cando o Estado intentou poñer á venda a leira, Esther e Lara Ouriña, as fillas de Laureano Oubiña, presentaron un escrito perante o Plan Nacional de Drogas no que alegaban que xa no 2005 recorreran o decomiso perante o Tribunal de Estrasburgo, cando contaban con 20 e 18 anos, respectivamente, co que xa eran maiores de idade. 


     O Plan, que tiña previsto comenzar a rolda de negociacións o 29 de xaneiro dese ano, suspendeu a súa actividade para consultar coa Avogacía do Estado. As fillas alegaban que o pazo era parte da herdanza da súa nai, falecida en accidente de automóbil en Cambados. Tras un longo proceso nos tribunais, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos autorizou a venda.


Poxa
     O 9 de novembro do 2007, a Mesa de Coordinación de adxudicacións do Plan Nacional sobre Drogas sacou finalmente o Pazo a poxa pública, a un prezo inicial de 8,7 millóns de euros, sendo catro as adegas interesadas en adquirilo: Freixenet, Marqués de Riscal, Bodegas Martín Códax e Condes de Albarei. 



     A oferta foi publicada no BOE e contiña unha serie de requirimentos para evitar que na poxa participaran empresas-pantalla de narcotraficantes. Así, as empresas que quixeran presentar unha oferta tiñan que acreditar unha actividade de catro anos nos sector vitivinícola, así coma unha facturación media nos catro anos previos de cando menos cinco millóns de euros.


 

Candidaturas
     A bodega catalá intentou adquirir a titularidade das terras que viña explotando, pero sufriu un duro revés ao quedar excluída da poxa tras presentar unha oferta de once millóns de euros, fronte aos trece que presentaron os outros tres candidatos . Tras esta decisión, José Ferrer, o presidente de honra da empresa declarou: "Eles ofreceron o máximo que permitía o concurso, pero nós, que levamos máis dunha década ao fronte da xestión do pazo, sabemos que o valor real non é superior aos once millóns". Así mesmo, vaticinou que co prezo de partida de trece millóns de euros que fixeran as outras tres empresas, o pazo non sería adquirido por menos de quince millóns de euros, "cifra difícil de amortizar", segundo declarou.


     Freixenet expresou a súa vontade de seguir ligada ao negocio do viño albariño malia perder a xestión do Pazo, posto que a marca máis vendida destes viñedos, Vionta, é propiedade de Freixenet. Os plans da empresa no sector pasan por adquirir unha bodega en Galicia coa que seguir producindo o dito viño, que xa en gran medida se estaba a elaborar con uva doutras leiras. Para afrontar ese investimento, a adega ten previsto embolsar os cartos debidos polo Plan Nacional de Drogas. En palabras de Ferrer: "Cando firmamos o contrato de xestión, acordamos que todos os investimentos que realizásemos en maquinaria e novas instalacións deberán ser adquiridas polo novo propietario e pagadas a Freixenet"



Adxudicación
     O 20 de xuño do 2008 finalizou o prazo para presentar as ofertas, e o 23 de xuño de 2008 desvelouse que a gañadora da poxa fora a cooperativa cambadesa Condes de Albarei, que ofreceu 15.102.000 euros pola propiedade rústica, fronte aos pouco máis de trece dos outros dous aspirantes. A compra formalizouse o 16 de xullo do 2008, tras a cal a adega converteuse na posuidora do maior número de hectáreas de albariño de toda a comarca do Salnés.



Rehabilitación
     Logo da adquisición do Pazo, a adega Condes de Albarei iniciou en setembro do 2008 un investimento de dez millóns de euros para acondicionar os terreos e facelos máis rendible . Dentro deste proxecto está o de construír un centro de recepción de visitantes e acondicionar a bodega para elaborar nela un viño de gama máis alta, do que se prevé elaborar 160.000 botellas de viño branco ao ano.



Restauración
     Ademais de investir para aumentar a rendibilidade das parras, os seus novos propietarios planearon rehabilitar todos os edificios da propiedade. O proxecto de reforma foi obra de César Portela, coa aspiración de converter o Pazo nun centro de enoturismo que atraese a 50.000 visitantes ao ano, e que estivese operativo no 2010, coincidindo co Ano Santo Xacobeo.



     En xuño de 2011 finalizou a primeira parte da reforma, que supuxo unha inversión de cinco millóns de euros, e afectou a 5.000 metros cadrados de edificios e a tres hectáreas de terreo ao aire libre. Así, a vella adega converteuse nun salón para eventos, á semellanza do que xa ten a adega Condes de Albarei en Castrelo, ou Bodegas Martín Códax na súa adega de Vilariño.



Nova imaxe
     Para renovar a imaxe do Pazo e afastala da súa vinculación co narcotráfico, Condes de Albarei convocou un concurso para elixir unha nova imaxe de marca, cun xurado composto por Isaac Díaz Pardo, César Portela, Antón Patiño, Francisco Leiro e Xosé Manuel Casabella, director da ETSAC da Coruña. Tal e coma explicou o xerente da bodega, Xavier Zás: "A esta propiedade hai que facerlle un lavado de cara. Agora mesmo estamos escribindo unha nova páxina na historia do pazo de Baión e comezamos cun concurso de imaxe." Para iso, a temática do concurso é libre, se ben non se admitirán deseños que teñan connotacións co seu pasado vencellado ao narcotráfico. O premio será de 10.000 euros, con dous accésits de 2.000. Díaz Pardo declarou ao respecto:"Isto vai ser moito máis ca unha adega, vai ser unha empresa de prestixio internacional."



     Aínda que ao principio o prazo era de tres meses, o alto número de participantes obrigou a atrasar o fallo ata o 27 de febreiro do 2009 . Nesa data examináronse as 357 obras propostas, das cales cinco pasaron á fase final. Os autores destas obras foron citados na bodega para o venres 2 de abril para explicar os detalles da súa proposta.



     O gañador foi o deseñador madrileño Lucas Gil-Turner, co seu proxecto Metamorfose.



 

Rehabilitación de drogodependentes
     O contrato de venda recollía que o adquirente debía dar traballo durante os quince vindeiros anos a unha porcentaxe de drogodependentes en proceso de rehabilitación, co obxectivo de facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Esta cláusula plasmouse na vendima do 2008 con oito persoas empregadas por esta vía, sete homes e unha muller.


      O compromiso adquirido pola adega foi o de destinar o 5% da facturación anual do Pazo a programas de prevención, tratamento e reinserción de drogodependentes durante o mesmo período de quince anos 



Premios
     A Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet) elixiu o albariño do Pazo coma o mellor produto do 2010. O galardón foi entregado o 2 de marzo de 2011, na gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que tivo lugar no Auditorio Novacaixagalicia de Pontevedra.



O pazo no cine
     O Pazo Baión foi escenario da película Heroína, de Gerardo Herrero, que narra a loita de nais de drogodependentes para acabar coa impunidade dos narcotraficantes na Galicia dos anos oitenta, baseándose na figura de Carmen Avendaño.


 MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 

EIRA DE PORTO PEREIRAS - BOBORÁS

 EIRA DE PEREIRAS
XENDIVE
BOBORÁS
OURENSE


  Xendive
     San Mamede de Xendive é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.



Lugares de Xendive
     Meixe, Nogueira, Pereiras, Porto Pereiras, Xendive.



     
     Segundo o IGE en 2011 contaba con 141 habitantes, deles 60 eran homes e 81 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.


Boborás
     O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea Conxunto Histórico- Artístico declarada no ano 1975, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial.


     O turista que chega a Boborás pode rapidamente darse conta do poder que no seu día tuvo o seu territorio.



     Máis dunha ducía de pazos repártense polas súas parroquias. Igrexas románicas en Pazos de Arenteiro, Cameixa, Moldes, Astureses e Xuvencos.



     As pontes medievais tamén teñen unha importancia no municipio, como unión de camiños e cruce sobre os ríos máis importantes da comarca e que por o noso concello pasan, o Arenteiro, o Avia e o Viñao.



     As rutas de sendeirismo, trazan camiños por algúns dos puntos máis interesantes do concello, ofrecéndolle o visitante tanto un contacto coa natureza como coa arte e o patrimonio.



     As augas termais de Brués, non explotadas comercialmente, seguen mantendo as súas propiedades para o tratamento de enfermidades da pel.



     Por todo isto e moito máis, invitámolosa que se acheguen ao noso concello e así poderán coñecer os encantos que Boborás e as súas parroquias  aínda esconden.



A Comarca do carballiño
     A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño.



      

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA