miércoles, 12 de noviembre de 2025

IGREXA DE SAN VICENTE COUCIEIRO - COUCIEIRO - PADERNE DE ALLARIZ

 IGREXA DE SAN VICENTE COUCIEIRO

COUCIEIRO

PADERNE DE ALLARIZ

Coucieiro
      San Vicente de Coucieiro é unha parroquia do concello de Paderne de Allariz na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE en 2014 tiña 165 habitantes (88 mulleres e 77 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación.

       Forma parte da parroquia eclesiástica de Coucieiro que está formada polos 9 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Baños de Molgas.

Lugares de Coucieiro
     Baamonde, A Costa, Coucieiro, O Covelo, O Moredo, A Neta, Ousende, Penelas, A Pousada 

Comarca de Allariz 
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense que linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. 

     A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: 

     Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 11 de noviembre de 2025

IGREXA DE SANTIAGO DE AMIUDAL - AMIUDAL - AVIÓN

 IGREXA DE SANTIAGO DE AMIUDAL

AMIUDAL

AVIÓN

Amiudal
      Amiudal é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2010 tiña 252 habitantes (144 mulleres e 108 homes), 46 menos ca no ano 2000 e 12 menos ca no ano 2005. 

      A perda de poboación non foi tan acentuada en Amiudal coma no resto da zona, aínda que a perda demográfica é lenta mais constante.

      Foi concello de seu entre 1833 e xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.

Lugares de Amiudal
 
    Amiudal, Espiñeiro, Pascais 

Comarca do Ribeiro
        A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.  

       A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

       Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). 

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. 

       O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

     Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 10 de noviembre de 2025

CRUCEIRO DA CORGA DE BAIXO - A IGREXA - A PENELA - CEQUERIL - CUNTIS

 CRUCEIRO DA CORGA DE ABAIXO

A IGREXA - A PENELA 

CEQUERIL

CUNTIS

 Cruceiro da Corga de Abaixo
       Ao carón do muro do adro da igrexa de Santa María de Cequeril podemos ver este cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. 

        A súa base cúbica con moldura na parte superior da paso a un varal que comeza en sección cadrada e continúa en cilíndrica.

      O capitel decorado con volutas da paso a unha cruz de brazos potenzados na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe cos brazos abertos acompañada de dous anxos e apoiada sobre unha peaña con forma de anxo alado.

 Cequeril
      Santa María de Cequeril é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 195 habitantes (115 mulleres e 80 homes), 52 menos ca en 1999. Ten dez entidades de poboación. 

Comarca de Caldas
      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

        Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.  

MAPA

  

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 

CAPELA DE SAN TOME - PENSO - MELGAÇO

CAPELA DE SAN TOME

PENSO

 MELGAÇO

Penso
     Penso e unha fegresia portuguesa do concello de Melgaço, con 9,02 km² de superficie e 563 habitantes (2001). Sua densidade de poboación e de 62,4 hab/km². 

Melgaço
     Esta vila naceu dun pequeno burgo crecido á sombra do castelo roquero construído en 1170, por orde de D. Afonso Henriques.

      Situada no punto máis setentrional do país, Melgaço é unha pequena e antiga vila, capital do concello do mesmo nome, no distrito Viana do Castelo.

     Co rio Minho de paisaxe de fondo Melgaço esténdese desde o rio Minho ata as serras dá Peneda e do Soajo.

     O viño é o seu gran embaixador e as festas e romarías populares una das súas maiores atraccións.

    Posúe unha gran diversidade de valores culturais froito da súa ocupación ininterrompida, desde a prehistoria ata a actualidade.

     O legado arqueolóxico de Melgaço é rico e diverso, con monumentos megalíticos, arte rupestre e castros e monumentos ligados á arquitectura relixiosa, civil e militar como igrexas castelos e pontes,sendo o seu expoñente máis coñecido o castelo que preside a localidade.

     Sen esquecernos dos seus paços e casas señoriales esparexidos por todo ou concelho.

      E ademais do seu patrimonio construído, que por se só, xa merece a visita, en Melgaço tamén gozaremos da súa gastronomía, paisaxes e tradicións.

      Melgaço conta cunha moderna rede museológica composta por catro museos dedicados á historia e etnografía local ademais dun espectacular museo do cinema,con valiosas pezas de exposicion.

      Tamen e digna de mención a súa igrexa matriz construída no século XII.

         Moi interesantes son os edificios románicos da igrexa do Convento de Paderne, Chaviaes e Nossa Senhora dá Orada.

      Merece unha visita a bonita aldea de Castro Laboreiro,co seu castelo roquero e as súas numerosas pontes. Neste lugar hai unha raza autóctona de can o Cao de Castro Laboreiro. 

     En Melgaço podemos visitar tamén a estancia termal, situada a 4 quilómetros, encerrada nun verde val, asi como tamén unha boa oportunidade para probar o famoso Bife à Melgaço ou o excelente cabrito ao forno. 

MAPA 

  

XOAN ARCO DA VELLA 

domingo, 9 de noviembre de 2025

CAPELA DA NOSA SENHORA DA GRAÇA - CEIVÃES - MONÇAO

 CAPELA DA NOSA SENHORA DA GRAÇA

 CEIVÃES

MONÇAO 

 Badim
      Badim era unha freguesia portuguesa do municipio de Monção, distrito de Viana do Castelo.

Historia
       Situada ao nordeste do municipio de Monção, a trece quilómetros da sua capital, Badim é mencionada xa como freguesia en 1516 e pertenceu ao antigo municipio de Valadares ata a extinción de leste en 1855.

       Foi suprimida o 28 de xaneiro de 2013, en aplicación dunha resolución da Asemblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro de 2013 ao unirse coa freguesia de Ceivães, formando a nova freguesia de Ceivães e Badim.​

Patrimonio
     No patrimonio histórico-artístico da antiga freguesia destacan a igrexa parroquial e a casa solariega de Porteleira, co escudo dos Soares de Tagilde na fachada.​ 

 Monção
     Monção é unha vila raiana portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 600 habitantes.

Xeografía
     Monção é a sede dun municipio que ten unha superficie de 211,51 km², e unha poboación, no ano 2001, de 19 957 habitantes.

     Limita ao norte con Galiza (Salvaterra de Miño), ao leste co municipio de Melgaço, ao sur con Arcos de Valdevez, ao suroeste con Paredes de Coura e ao oeste con Valença.

O concello está subdividido en 33 freguesías:
    Abedim
    Anhões
    Badim
    Barbeita
    Barroças e Taias
    Bela
    Cambeses
    Ceivães
    Cortes
    Lapela
    Lara

    Longos Vales
    Lordelo
    Luzio
    Mazedo
    Merufe
    Messegães
    Monção
    Moreira
    Parada
    Pias
    Pinheiros    

    Podame
    Portela
    Riba de Mouro
    Sá
    Sago
    Segude
    Tangil
    Troporiz
    Troviscoso
    Trute
    Valadares

      O punto máis alto é o Alto de Santo António, a 1 114 metros sobre o nivel do mar, na freguesía de Riba de Mouro.

Historia
     Monção recibiu un foro do rei Afonso III o 12 de marzo de 1261.

     A vila fíxose célebre no curso das guerras fernandinas debido á enérxica acción de Deu-la-Deu Martins, esposa do alcalde local, que atacou ás tropas castelás que asediaban a vila bombardeándoas cos últimos víveres que lles quedaban.

     Iso é o motivo polo cal, aínda hoxe, aparece no escudo de armas desta vila unha muller sobre unha torre sostendo un pan en cada man. Ao seu redor obsérvase, nunha bordadura, a divisa da vila, facendo referencia ao nome daquela heroína: Deus o deu. Deus o há dado  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA