viernes, 7 de noviembre de 2025

CRUCEIRO DO CEMITERIO - ARCOS - CUNTIS

CRUCEIRO DO CEMITERIO

ARCOS

CUNTIS

Arcos
       San Breixo de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Cuntis.  

     Limita coas parroquias de Cuntis, Couselo, Piñeiro e Portela, e co concello da Estrada no nordeste do concello de Cuntis na comarca de Caldas. 

      En 1836 tiña unha poboación de feito de 725 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 799 a 662, o cal significou unha perda do 17,1 %. Segundo o IGE en 2011 tiña 642 habitantes (336 mulleres e 306 homes).

Está formado polos seguintes lugares ou aldeas: 

      A Casiña, Anllada, Arcos de Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso.

Situación
       A parroquia, situada nas abas do monte Arca e Castroloureiro, limita ao norte e leste co concello da Estrada, coas parroquias de Matalobos, A Estrada, Ouzande e A Somoza. 

       Ao sur e oeste coas parroquias de Baños de Cuntis, Piñeiro, Couselo e Portela, todas elas do concello de Cuntis. 

       Arcos de Furcos sitúase na vertente leste do val do río Gallo, ao pé do Castro de Arcos e do monte da Hermida. Nesta zona está a parte habitada da parroquia. Detrás destes montes, a parroquia esténdese por unha zona deshabitada, de formas onduladas, coñecida co nome de Chan da Quenlla. 

     Aquí atópase o coñecido Mar dos Moros, pequena lagoa que nos últimos anos se viu moi deteriorada e desecada pola plantación extensiva de eucalipto. 

      Nesta parroquia nace o río Gallo, afluente do Umia, así como múltiples regatos afluentes deste, como son o Lavandeira. 

Patrimonio histórico
       No adro da igrexa pola parte leste, atópanse tres relevos procedentes do baldaquino de San Breixo de Arcos de Furco, que hoxe están incrustados no muro perimetral, rodeando un altar que aínda conserva restos de pinturas de representación vexetal. As tres pezas representan o nacemento de Xesús, a adoración dos Reis e o desencravo trala crucifixión. Á esquerda e un pouco separada, outra pedra cunha inscrición en latín.

      Arcos estivo habitado en tempos prerromanos. Mostra disto é o Castro de Arcos, situado no cumio do monte do mesmo nome. Detrás esténdese o coñecido Campo das Tombas, ampla zona poboada por mámoas, que datan de arredor de 3000 a.C., das que polo de agora non se desenterrou ningunha. 

       Existiu na Idade Media un Mosteiro no lugar da Manguela, fundado polo bispo Sisnando II de Iria no século IX. As pedras deste mosteiro serviron máis tarde para construír a igrexa parroquial, que se viu moi modificada ao longo dos séculos, acaecendo a última modificación na primeira metade do século XX, coa incorporación das capelas laterais. 

       Pero o verdadeiramente valioso desta igrexa son o cruceiro e un baldaquino que se atopa no valado exterior. Ambos son góticos e datan do século XV. O baldaquino está formado por tres pezas, que representan o nacemento, a adoración dos Reis e o descenso da cruz. Crese que se perdeu unha cuarta peza na cal se representaba a crucifixión. O baldaquino ten un altar de pedra que conserva aínda algunhas pinturas de representación vexetal. Ao lado existe unha inscrición en latín. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

jueves, 6 de noviembre de 2025

BALDAQUINO DE FURCOS - IGREXA DE SAN BREIXO DE ARCOS - CUNTIS

 BALDAQUINO DE FURCOS

IGREXA DE SAN BREIXO DE ARCOS

CUNTIS

Baldaquino de San Breixo de Arcos de Furco
       Na igrexa de San Breixo de Arcos (Arcos, Cuntis) consérvanse tres relevos procedentes dun baldaquino, incrustadas no muro perimetral do adro da igrexa, rodeando un altar. 

      Representan con rechamante similitude as mesmas escenas que se poden observar no baldaquino de San Salvador de Meis:
    O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita.

    A adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos; a Virxe en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e san Xosé á dereita.

    O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María, un dos santos homes á esquerda, sosténdolle a cabeza, e dúas Marías (María Magdalena e María Salomé) á dereita.

Arcos
       San Breixo de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Cuntis. 

     Limita coas parroquias de Cuntis, Couselo, Piñeiro e Portela, e co concello da Estrada no nordeste do concello de Cuntis na comarca de Caldas. En 1836 tiña unha poboación de feito de 725 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 799 a 662, o cal significou unha perda do 17,1 %. Segundo o IGE en 2011 tiña 642 habitantes (336 mulleres e 306 homes).

Está formado polos seguintes lugares ou aldeas: 

      A Casiña, Anllada, Arcos de Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso.

Topónimo
     O topónimo Furcos vén dado polas diferentes aldeas que levaban o topónimo "Furco": Furco, Furcodona, Furcomao.

Situación
       A parroquia, situada nas abas do monte Arca e Castroloureiro, limita ao norte e leste co concello da Estrada, coas parroquias de Matalobos, A Estrada, Ouzande e A Somoza. Ao sur e oeste coas parroquias de Baños de Cuntis, Piñeiro, Couselo e Portela, todas elas do concello de Cuntis. 

       Arcos de Furcos sitúase na vertente leste do val do río Gallo, ao pé do Castro de Arcos e do monte da Hermida. Nesta zona está a parte habitada da parroquia. Detrás destes montes, a parroquia esténdese por unha zona deshabitada, de formas onduladas, coñecida co nome de Chan da Quenlla. 

      Aquí atópase o coñecido Mar dos Moros, pequena lagoa que nos últimos anos se viu moi deteriorada e desecada pola plantación extensiva de eucalipto. 

 

        Nesta parroquia nace o río Gallo, afluente do Umia, así como múltiples regatos afluentes deste, como son o Lavandeira.  

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA 

miércoles, 5 de noviembre de 2025

IGREXA DE SAN SALVADOR - SAA - MOURISCO - PADERNE DE ALLARIZ

 IGREXA DE SAN SALVADOR

SAA

MOURISCO

PADERNE DE ALLARIZ

 Saa
     Saa é un lugar da parroquia de San Salvador de Mourisco no concello ourensán de Paderne de Allariz, na comarca de Allariz - Maceda.

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 47 habitantes (23 homes e 24 mulleres). 

San Salvador de Mourisco
      San Salvador de Mourisco é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. 

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 166 habitantes (86 homes e 80 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación.

Lugares de San Salvador de Mourisco
      Eiravedra, Moás, Saa, San Cristovo, San Salvador de Mourisco 

Comarca de Allariz - Maceda
       A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense que linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. 

     A súa capital é Allariz. 

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: 
      Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

IGREXA DE SAN PEDRO DE FIGUEIREDO - FIGUEIREDO - PADERNE DE ALLARIZ

 IGREXA DE SAN PEDRO DE FIGUEIREDO

FIGUEIREDO

PADERNE DE ALLARIZ

      É o templo máis singular do concello de Paderne de Allariz, é o único que mantén á vista o testemuño das dúas grandes reformas que experimentou ao longo da súa historia, xa que conviven harmoniosamente elementos románicos e barrocos.  

      Do primeiro cabe destacar á ábsida semicircular, que aínda conta cos canzorros figurados soportando o tellado, xunto a un par de columnas adosadas de fuste circular e capitel corintio. 

     O tornachuvias da espadana central, que loce un pequeno arco de medio punto soportado por columniñas con capiteis corintios, está ricamente decorado por botóns semiesféricos que denotan, aínda con máis clareza se cabe, a súa filiación románica.

     A faciana barroca do templo ten na fachada o seu maior expoñente. 

     A porta principal conserva aínda a fisionomía anterior, tal e como evidencia a dobre arcada de medio punto gorecida baixo un tornachuvias axadrezado na súa parte mais exterior. 

     Os arcos destacan sobre columnas adosadas baixo capitel corintio. 

     O tímpano exterior volve evidenciar a anterior filiación estilística nas cabezas de animais que gardan o acceso ao edificio.

     A súa humilde espadana, dun único corpo e reloxo cenital, é case que o único elemento netamente barroco de todo o edificio.  

     A morfoloxía e o deseño global da fachada (pináculos, molduras, pilastras …) tamén evidencian a filiación cronolóxica estilística barroca.

     O interior é dunha única nave e conta cunha cuberta alintelada con armadura de madeira.  

      Os arcos son apuntados na nave e de medio punto na ábsida. 

     A tribuna é un elemento do máximo interese mercede ao seu orixinal soporte, así os columnados que a sustentan aparecen divididos pola metade por senllas pías semiesféricas de auga bendicida que supoñen un novidoso aporte estético funcional.

Figueiredo
     San Pedro de Figueiredo é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. 

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 136 habitantes (66 homes e 70 mulleres). Ten unha única entidade de poboación.

Lugares de Figueiredo
     Figueiredo 

Comarca de Allariz - Maceda
       A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense que linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. 

     A súa capital é Allariz. 

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: 
     Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. 

MAPA

 

 Fuente: campaners.com 

 XOAN ARCO DA VELLA