Santa Xusta Santa Xusta é un lugar da parroquia da Carballeira, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.
Segundo o IGE, en 2022 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).
Carballeira San Xosé da Carballeira é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense.
No ano 2007 tiña 142 habitantes (67 homes e 75 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.
Patrimonio No lugar de Celeiros están o pazo de Celeiros, cunha capela do outro lado da estrada.
Cortegada Cortegada é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2019 tiña 1.085 habitantes.
Xeografía O concello limita ao norte co concello da Arnoia, ao leste con Gomesende, ao sur con Padrenda e ao oeste co concello pontevedrés de Crecente.
Atópase á beira do río Miño entre os seus afluentes, os ríos Arnoia e Deva.
Comarca do Ribeiro A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.
A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).
Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia.
O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
Cardelle San Silvestre de Cardelle é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 44 habitantes (24 homes e 20 mulleres), 3 menos ca en 2010 (25 homes e 22 mulleres).
En 2007 tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres), catro menos ca en 2006.
Lugares de Cardelle Cardelle
Boborás Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.
Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O xentilicio é boborao ou boborés.
O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense.
Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
Historia Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.
Patrimonio histórico e artístico A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril. A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez. O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
A Ponte do Souto ou do Camiño Real, cruza o río Valga, emprazándose no antigo Camiño Real que na actualidade está anulado polo trazado do ferrocarril.
A ponte está realizada mediante tallamares de pedra e taboleiro alintelado, tamén de pedra.
Dátase da época medieval, aínda que popularmente é coñecido como a Ponte Romana.
Campaña Santa Cristina de Campaña é unha parroquia que se localiza no concello de Valga.
Segundo o IGE, en 2022 tiña 926 habitantes (459 homes e 467 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 975 habitantes.
Patrimonio A igrexa de Santa Cristina é de estilo románico do século XII. Nunha das reformas ás que foi sometida descubríronse, ó retira-lo retablo, unhas interesantes pinturas góticas (dos séculos XV-XVI) no muro da cabeceira da ábsida, relativamente ben conservadas.
Lugares de Campaña O Coto, A Devesa, A Eirexe, O Montiño, O Pumariño, Os Rebeldes, Rúa Nova, O Souto, A Torre
Comarca de Caldas A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis.
Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.
Peto de ánimas Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.
En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.
Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.
A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.
En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.
As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.
Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).
Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.
Algúns levan lendas do tipo: Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...