domingo, 13 de julio de 2025

PETO DO CARMEN - PORTO CERDEIRA - MONÇAO

 PETO DO CARMEN

PORTO CERDEIRA

MONÇAO  

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

PETO-CAPELA DA VIRXE DO ROCIO - XESTA - A LAMA

 PETO-CAPELA DA VIRXE DO ROCIO

XESTA

A LAMA

 Xesta
      San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes.

Lugares de Xesta
    O Aredo, As Barreiras, Campelo, A Grifa, Liñares, O Outeiro, Pigarzos, Portomartiño, Xesta 

A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.  

      Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio é lamense.

Toponimia
     O topónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.

Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial.  

     Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:
     O Coto da Puza-Xesta-1035 m
     A Portela dos Xarotos-Xesta,1025 m
     A Pedra da Letra-Xesta-1019 m
     O Coto dos Pusallos-Xesta-1007 m
     O Foxo do Lobo-Xesta-1001 m
     O Seixo-A Barcia do Seixo-1000 m

Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).  

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 

IGREXA DE SAN BERNARDO DE TIBIÁS - CASTADÓN - PEREIRO DE AGUIAR

 IGREXA DE SAN BERNARDO DE TIBIÁS

CASTADÓN

PEREIRO DE AGUIAR

 Iglesia de San Bernardo de Tibiás
      Edificio de estilo neoclásico datado en 1790.

      A súa única nave é rectangular, do mesmo xeito que a ábsida, sendo leste de maior altura e anchura e con tellado a catro augas. 

     Presenta ademais un corpo anexo na fachada sur.

     A espadana é dun só corpo con dous arcos de medio punto e coroada por pináculos e cruz latina sinxela.

Castadón
     Castadón é un lugar da parroquia de Prexigueiró no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, na comarca de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 111 habitantes (57 homes e 54 mulleres).

Lugares de Prexigueiró
     Castadón, Cortiñas, O Pereiro de Aguiar, O Pereiro de Alén, Prexigueiró, San Salvador, Vilar 

Prexigueiró
       San Salvador de Prexigueiró é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 902 habitantes (467 homes e 435 mulleres). 

Patrimonio
     A igrexa de San Salvador de Prexigueiró é do século XII, con pequenas reformas e engadidos posteriores. É de planta de nave única e ábsida rectangular. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

viernes, 11 de julio de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA DE COSOIRADO - COSOIRADO - MORAÑA

 IGREXA DE COSOIRADO

COSOIRADO

MORAÑA

Cosoirado
     Santa María de Cosoirado é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. 

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 69 habitantes (36 mulleres e 33 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 78 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 49 habitantes, sendo 26 homes e 23 mulleres.

Lugares de Cosoirado
     Cosoirado 

Moraña
     Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. 

    O seu xentilicio  é «morañés».

Xeografía
     Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. 

     Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.

Patrimonio
     Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña. 

 Parroquias de Moraña     
     Amil (San Mamede), Cosoirado (Santa María), Gargantáns (San Martiño), Lamas (Santa Cruz), Laxe (San Martiño), Rebón (San Pedro), Saiáns (San Salvador), San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo), Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)   

MAPA 

  

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO DE MOGOS - TILVE - CERPONZÓNS - PONTEVEDRA

 CRUCEIRO DE MOGOS

TILVE

CERPONZÓNS

PONTEVEDRA

Tilve
     Tilve é un lugar da parroquia de Cerponzóns, no concello de Pontevedra, na comarca homónima. Segundo o IGE, en 2022 tiña 120 habitantes (47 homes e 73 mulleres). 

Cerponzóns
     San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2015 tiña 806 habitantes (366 homes e 385 mulleres), nove menos ca en 2004 (424 mulleres e 391 homes segundo o padrón municipal) e 39 menos ca en 1999. Ten trece entidades de poboación.

     Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.

     Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

     A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o encoro de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.

     Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela.

     Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA