Peto de ánimas Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.
En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.
Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.
A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.
En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.
As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.
Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).
Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.
Algúns levan lendas do tipo: Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...
Petos de Ánimas Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.
Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.
Segundo Castelao: "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".
A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.
A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.
Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.
O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.
Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes: - Estructura arquitectónica básica. - Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira). - Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).
Dona Elvira Dona Elvira é un lugar da parroquia de Santa María de Traseirexa, no concello ourensán de Vilardevós.
Segundo o IGE do 2009 tiña 32 habitantes dos que 17 eran homes e 15 eran mulleres, o que supón unha perda de habitantes con respecto a 2008.
Santa María de Traseirexa Santa María de Traseirexa é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 237 habitantes, deles 114 eran homes e 123 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Santa María de Traseirexa Bustelo, Dona Elvira, A Fraira, A Moimenta, Santa María, Traseirexa
Comarca de Verín A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín.
Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
Demografía Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.
Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%).
O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.
A poboación estranxeira da comarca ascendía en 2020 a 2.004 habitantes. A idade media era de 52,68 anos.
Particularidades Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.
Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.
Barxa San Xoán de Barxa é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 53 habitantes, deles 29 eran homes e 24 eran mulleres.
Lugares de Barxa Barxa, O Seixo
A Gudiña A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes
Xeografía O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.
Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña coa da Rúa, pasando por Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.
Pola Gudiña pasa tamén a Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Historia No concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.
O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira.
O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.
O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei.
En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa,ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.
Parroquias da Gudiña Barxa (San Xoán), O Canizo (Santa María), Carracedo da Serra (Santiago), A Gudiña (San Martiño e San Pedro), Parada da Serra (San Lucas), Pentes (San Mamede), San Lourenzo de Pentes (San Lourenzo), O Tameirón (Santa María)
Comarca de Viana A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.
A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.
Peto de ánimas Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.
En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.
Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.
A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.
En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.
As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.
Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).
Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.
Algúns levan lendas do tipo: Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...