martes, 6 de septiembre de 2016

IGLESIA DE SAN SALVADOR - O HOSPITAL

 IGLESIA DE SAN SALVADOR
O HOSPITAL
QUIROGA
LUGO


Igrexa de San Salvador do Hospital
     Templo de orixe románica que conserva varias estruturas desta época. 



     Consta de tres naves e sacristría de planta cadrada. 



     Ábsida rectangular de estilo románico tardío.


     A capela do altar maior tamén garda elementos románicos. 



     Conserva unha espadana de dous vans.



     Muros de cachotaría con lousa e cuberta a dúas augas. 



     No interior atópanse varios retablos e algunhas laudas sepulcrais.



San Salvador do Hospital
     San Salvador do Hospital é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo.



     No ano 2007 contaba con 556 habitantes, deles 275 eran homes e 281 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.



Lugares do Hospital
     A Carballeira - Carballo do Hospital - Framil - O Hospital - Lamela - A Ponte - Quintá - Revide - A Ribeira - A Rodela - San Paio - San Xulián de Abaixo - San Xulián de Arriba - Santa Cubicia - O Souto - A Toca - A Veiguiña - Vilañán



Quiroga
     Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 3.424 habitantes.


Xeografía
     Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil. Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.



     Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².


Poboación
     Censo total  3.424



Patrimonio
     Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.



     Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros. 

     
     Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.


 Parroquias de Quiroga    
     Augas Mestas (Santiago) - Bendilló (Santa María) - Bendollo (Santa Baia) - Bustelo de Fisteus (Santa Bárbara) - Cereixido (Santa María) - A Enciñeira (Santa Isabel) - A Ermida (Santa María) - Fisteus (San Mamede) - O Hospital (San Salvador) - Montefurado (San Miguel) - Nocedo (San Lourenzo) - Outeiro (Santa María) - Pacios da Serra (San Salvador) - Paradaseca (San Marcos) - Quintá de Lor (Santa María) - Quiroga (San Martiño) - A Seara (Santa María Madanela) - Sequeiros (Santa Mariña) - Vilanuíde (Santo Antonio) - Vilar de Lor (San Xosé) - Vilarmel (San Lourenzo) - Vilaster (Santa María)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

CASA TORRE DE HOSPITAL - QUIROGA

 CASA TORRE DE HOSPITAL
SAN SALVADOR DE HOSPITAL
QUIROGA
LUGO


Casa da Torre de San Salvador do Hospital. 
     Nesa casa era onde vivía o prior da igexa de San Salvador do Hospital, pertencente á Encomenda Sanxoanista de Quiroga, que está enfronte. 


     Ao mesmo tempo, tal prior era o vigario xeral de todas as igrexas da encomenda quiroguesa, un total de 30. 


     Entre elas as valdeorresas de Xagoaza, Arcos, Éntoma, Robledo da Lastra, Arnado, Alberguería (desaparecida) e Celavente, que eran exentas ou separadas da diócese e nomeábanse canonicamente “territorium separatum cum quialitate nullius dioecesis”. 


     (“Orde do Hospital” nomeábase á Orde Militar do Hospital ou Orde Hospitalaria. A partir de 1530 déuselle en chamar Orde de Malta, ao concederlle o emperador Calos V as illas de Malta, Gozo e Comino. 


     Hoxe noméase oficialmente “Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta”.)


San Salvador do Hospital
     San Salvador do Hospital é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo.



     No ano 2007 contaba con 556 habitantes, deles 275 eran homes e 281 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Lugares do Hospital

     A Carballeira - Carballo do Hospital - Framil - O Hospital - Lamela - A Ponte - Quintá - Revide - A Ribeira - A Rodela - San Paio - San Xulián de Abaixo - San Xulián de Arriba - Santa Cubicia - O Souto - A Toca - A Veiguiña - Vilañán 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Blog SON DO BARCO
XOAN ARCO DA VELLA

FESTA DO MEXILLÓN - CABO DE CRUZ

 FESTA DO MEXILLÓN
CABO DE CRUZ
BOIRO


 O Mexillón convertiuse no gran protagonista en Cabo De Cruz.

 
     A Exaltación do Mexillón de Galicia celebrouse esta fin de semana por décimo quinto ano consecutivo en Cabo de Cruz. 



     Moitos temían que este ano se precipitase a afluencia ao non coincidir coa regata de traiñeiras, mais resultou todo un éxito. 


     O molusco serviuse por toneladas e estiveron a piques de esgotar existencias, a pesar de ser empregados 4.000 quilos de bivalvo para a súa elaboración.


     Fronte á lonxa de Cabo de Cruz reuníronse centos de persoas co propósito de saborear o mexillón da ría de Arousa a través de catro receitas preparadas polo chef Miguel Mosteiro. 


     Nesta ocasión, ademais dos mexillóns ao vapor e como recheo de empanadas, serviuse tamén unha ensalada a base do molusco con picatostes, aliño e noces, así como un humus de garavanzos e mexillón. Este último acabou converténdose no prato estrela.


     Para moitos resultou unha tarefa bastante complicada atopar unha mesa libre de cara ao mediodía, pois a carpa estaba chea. De feito, calcúlase que ao longo da xornada acudiron a esta festa gastronómica máis de tres mil comensais. Para atendelos, un equipo dunhas trinta persoas estivo traballando desde as 08:00 da mañá co obxectivo de deixalo todo listo e dar saída ás máis de 1.400 bandexas que se distribuíron.


     A inauguración deste evento tivo lugar o domingo a partir das 12:30 do día. Alí estiveron presentes o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, o director xeral de Pesca, Juan Maneiro, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, entre outras autoridades.


      Mais a cita arrancou xa na noite do sábado coa repartición de oitocentas racións de paella que invadiron as mesas dispostas na explanada do porto crucense.


     O Concello de Boiro organizou esta festa coa colaboración da Deputación e o respaldo da denominación de orixe de Mexillón de Galicia, así como das asociacións locais A Marxa, Amebarraña e Virxe do Carme.


Cabo de Cruz
     Cabo de Cruz é unha localidade marítima da parroquia de Castro, parroquia foi constituída no 1929, situada no Sur do Concello de Boiro pertencente á Ría de Arousa. Nos últimos anos o descenso poboacional foi notable, chegando a ter antes do 1999 un número de habitantes de preto de 3.00.



Monumentos
     Ten dúas igrexas, a Capela do Carme, preto do porto e construída no 1960, e a Igrexa do Castro, máis grande que a anterior e que é a igrexa parroquial, do século XVII.



     Canto ó seu patrimonio arqueolóxico, destacan o Castro do Achadizo, o Castro da Jurita e mais os Fornos de Pedra Rubía. Cómpre salientar así mesmo os cruceiros de Romarís e o da Aldea de Arriba, e os hórreos de Romarís e de Carreró. 


     No que se refire á construción civil, destaca pola súa antigüidade a Torre dos Canónigos no lugar de Piñeirón, que se cre que foi construída na mesma época que a Torre de Goiáns, entre o século XV e XVI. Sufriu diversas remodelacións co correr do tempo. Tamén cómpre citar a Granxa do Esteiro, con escudo brasonado.


Economía
     O marisco, parte importante da economía crucense



     A maioría da poboación traballa no mar. O porto de Cabo de Cruz está en fase de expansión debido a grande actividade marítima que rexistra. O sector marisqueiro, coa extración de diversos bivalvos é o sustento dun número importante de familias. Por outra banda tamén está o sector do cultivo de mexillón en bateas (sector maioritario), e o sector conserveiro e transformador de produtos do mar.


     O turismo é un sector dada a calidade recoñecida de praias como a de Carragueiros ou a Retorta, que dispoñen da Bandeira Azul e mais da Q de calidade, amais de outras como Ladeira e a Ribeira Grande ou pequenas calas da costa crucense.


Cultura e deporte
     No eido da fotografía destacar a Suso Torrado.



     Ten un club de remo: o Club de Remo Cabo da Cruz, fundado en 1979, que participa na liga ACT e con diversos premios no seu haber. En fútbol, existe o equipo incialmente chamado Cabo de Cruz S.D., club fundado en 1970 que mudou o seu nome a S.D. Valiño - Cabo de Cruz en 1992.


     En piragüismo destaca o crucense Andoni Larrauri, quen comezou a súa andaina no Clube Morcego e conta con títulos como o de subcampión de España en K-1.


Festas
    Festa de San Xoán: festa que se celebra o 23 de xuño e que está en fase de recuperación.
    Festa do Carme: festa que se celebra o 16 de xullo, cunha importante tradición no tocante á procesión marítima, e de sona na bisbarra do Barbanza, contando con diversas actividades.
    Romaría do Castro: celébrase os días 5, 6, 7 e 8 de setembro. Son as festas parroquiais e celébranse dende o nacemento da parroquia do Castro.
    Exaltación do Mexillón: celébrase no mes de agosto, é unha festa de carácter gastronómico.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA