miércoles, 3 de septiembre de 2014

ALBARIZAS NO DEZA - LALÍN

ALBARIZAS NO DEZA
SERRA DO CANDÁN
ZOBRA
LALÍN


 Zobra
     Espectáculo natural. Xoia do concello de Lalín. Apartada. Case esquecida. Galicia profunda e máxica. Non me canso de visitala.



     Paraíso para o senderismo. Múltiples rutas parten e chegan a este lugar. Rodeada dos montes do Testeiro.



     Entre o couto de Zobra, o alto da Rabexa, San Bieito do Candán e o Testeiro. Alí está Zobra esperando que a vaiamos descubrir unha e outra vez, e sempre sorprende.



     Torrentes de auga pura, bosques de carballos novos e acivros, pradeiras verde intenso. Terra escura cando as nubes esconden ao astro rei, e luminosa e radiante cando raia o sol.



     Zobra é tamén centro parroquial. Outros lugares destacados dos arredores son Trigueira, Portomartín, Ameixedo, Chedas, As Liñeiras, Moa. Os roteiros que comunican estas aldeas están cheos de pura beleza natural e paisaxística, botánica e etnográfica.



Serra do Candán
     No corazón da provincia de Pontevedra agáchase un dos recantos paisaxísticos máis fermosos de Galicia. A Serra do Candán, liña natural entre os concellos de Silleda, Lalín e Forcarei, é lugar de visita obrigada para os amantes da natureza no seu estado máis puro.



     As paisaxes que compoñen os arredores da Serra do Candán crávanse para sempre na retina do que os visita. Presidindo a Comarca de Terra de Montes e O Deza érguese esta cadea montañosa que baixo a súa rexa aparencia protexe ó concello que a acolle: o de Lalín.



     Territorio de riqueza ecolóxica e de fértiles terras gracias sobre todo á magnanimidade do río que a atravesan. Son múltiples os camiños polos que paga a pena perderse para chegar a descubrir recunchos fascinantes.



     Agora súmase a todos eles o trazado dunha nova ruta verde que quere levar a cabo a Xunta de Galicia. Gracias a ela o camiñante poderá coñecer marabillosos lugares de a Serra do Candán.



     Pero antes de que se leve a cabo esta iniciativa, o visitante debe saber que son varias as rutas que o conducen a través destas paraxes.



     Entre elas a ruta que parten de Zobra é unha das máis coñecidas pola fermosura das paisaxes polas que discorre.



     Esta ruta esténdese ó longo de quilómetros transcorrendo por lugares cheos de encanto que en estes días de outono son unhas paraxes, especialmente belas nesta época do ano.



Albares ou Albarizas
  Os albares ou Albarizas do Deza son construcións típicas da zona, de forma circular, e uns dez metros de diámetro. Foron construídas para defender as colmeas dos ataques dos osos. Pola desaparición do oso pardo na zona, as edificacións encóntranse en desuso e moitas delas en ruínas.



     As albarizas están construídas con rochas recollidas do ámbito concretamente lousas e xistos. Con estas lascas constrúese en cachotaría en seco un recinto circular ou ovalado pechado de certa altura, próxima aos 2 metros. Para o acceso ao interior, no muro dotábanse dunha estreita entrada que se pechaba mediante unha sinxela porta de madeira.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

RUINAS DEL SANTUARIO DE FATIMA

 RUINAS DEL SANTUARIO DE FATIMA
SAN XURXO DE ASMA
CENTULLE
CHANTADA
LUGO

      
     Situado sobre un castro, móstrase como unha especie de castelo que domina visualmente un amplo territorio. 

  
     Erguido i promovido polo párroco don Emilio Eyré Lamas, coñecido popularmente co alcume de pai Eyré.



     Esta edificación foi concebida a xeito de fortaleza, aparecendo coroada por diversas cruces gaélicas que fan que a construción adopte unha forma semellante á dos castelos irlandeses.



     En canto ó estilo artístico argumentar que o santuario non recolle unha soa tendencia senón que se mostra coma unha mestura de elementos mozárabes, románicos e gaélicos.



     Interiormente presenta un chan graduado en altura mediante diversas plataformas; destaca neste espazo a talla de Nosa Señora de Fátima que foi elaborada por Capa na escola de Belas Artes de Madrid.



     A importancia da mesma, non nos esquezamos de que este foi o primeiro santuario dedicado a Virxe de Fátima en toda España, veu referendada no acto de consagración da imaxe. Celebrado na Academia de San Fernando o doce de Xuño do ano 1945, asistiron ó mesmo personalidades da talla dos infantes don Luís Alfonso e dona Mercedes de Baviera e de Borbón.



     Segundo sabemos, en certos períodos dun pasado non tan lonxano, era moita a xente que se achegaba ata este lugar para honrar á Virxe de Fátima aló polo mes de Maio de cada ano. 
 

     Peregrinaban dende diversos puntos do concello, tendo constancia de persoas que ían o santuario de véspera portando algúns fachos.



     Desgraciadamente e, ó igual que acontece con outras moitas romarías, a festa de Fátima foi perdendo importancia co paso dos anos. 


     E o santuario esta casi en ruinas e esquencido.


Chantada.
     Chantada,  e un escaparate dende o que dar a coñecer a Ribeira Sacra e a súa Vila e a hospitalidade dos seus habitantes, o seu casco histórico, a súa paisaxe, asombrarse coa maxestosidade da Ribeira Sacra, que modelada ó longo dos séculos, ofrécenos os saborosos caldos cos que nos podemos deleitar, especialmente na Feira do Viño onde se citan e dan a coñecer os produtores destes viños mencía.



     Chantada tamén ten numerosos monumentos do Románico que se poden visitar facendo calquera das rutas turísticas que están á disposición do visitante.



     Quen se achegue a Chantada no mes de febreiro poderá descubrir a singularidade e vistosidade do ancestral Entroido Ribeirao, cos seus volantes e peliqueiros...



     Tamén poderá o visitante percorrer o chamado Camiño de Inverno, tramo do camiño de Santiago que ó seu paso por Chantada discorre por unha antiga calzada romana, no fermoso pobo de Belesar.



     En definitiva, en Chantada hai moito que descubrir...



     Chantada é a capital e o principal núcleo do Partido Xudicial e centro da bisbarra á que lle da o seu nome. Está integrada polos municipios de Carballedo, Taboada e Chantada. Esténdese aproximadamente entre os 42º 41' e os 42º 31' latitude Norte e entre os 7º 54' e  os 7º 40' lonxitude Oeste. Ao Norte limita coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Portomarín. Ao Sur con A Peroxa e Vilamarín (Ourense). Ao Leste coas terras de Lemos (concellos de Saviñao e Ferreira de Pantón) e Sarria (Paradela). E ao Oeste coas bisbarras da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro, na provincia de Pontevedra) e Carballedo (San Cristovo de Cea, na de Ourense).



     Na súa paisaxe diversificada diferenciamos 3 unidades morfolóxicas: ao Oeste A Serra do Faro, ao Leste a ribeira do Miño e, no centro a chaira (483 m.) , que abrangue a maior parte do termo municipal.



     A Serra do Faro (1.187 m.), con disposición Norte-Sur, que fai as veces de liña divisoria de augas e de límite provincial, formouse sobre un bloque de granito e xisto, cortado po faias e modelado pola erosión fluvial. Ó sur, nas estribacións da mesma, atópase o Alto de Vales. O cume do faro ofrécenos unha gran panorámica dos concellos limítrofes, e mesmo do Pico Sacro, dos montes do Courel ou dos Ancares se o día está claro.



     A rede fluvial, posúe unha disposición Norte-Sur, debuxando vales encaixados de fortes pendentes e grandes desniveis formando socalcos aproveitados para a explotación vitícola. A rede fluvial secundarias está formada por numerosos ríos e regatos entre os que destacan: o Asma, Lameiro, Enviade e o Camporramiro.



     O clima ten un marcado carácter húmido e continental e, pese á pantalla pluviométrica que supoñen os sistemas montañosos, as precipitacións superan os 1.200 mm./anuais. 


     Os invernos son suaves e os veráns calurosos con tendencia á sequidade, oscilando as temperaturas entre os 19' 5 ºC da máxima e os 6' 3 ºC da mínima. Nas serras, as condicións climáticas son máis extremas. En canto á vexetación abundan as especies autóctonas tales como castiñeiros e carballos e nas áreas máis elevadas, o mato.



     Este medio natural, entre montes e ribeiras da acubillo a multitude de especies de fauna, como son: xabarís, lobos, raposos, corzos, coellos, lebres, perdices, aves insectívoras, paspallás, ratos, lagartixas, ourizos ou morcegos.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

CHOZO DA POUSA - MONTE IROITE

CHOZO DA POUSADA
CURES
MONTE IROITE
BOIRO


     El municipio de Boiro está situado en el interior de la Ría de Arosa. Debido a esto, las playas del litoral son muy tranquilas, sin apenas oleaje. 
 

     Además de la capital completan el ayuntamiento los pequeños pueblos de Cabo de Cruz y Abanqueiro. 


     Además de una ruta por toda la Costa merece la pena subir a la Sierra del Barbanza para contemplar un estupenda panorámica.



Chozo da pousa - Monte Iroite
      El chozo es una construcción en piedra de neis que daba cobijo a los pastores de la Sierra del Suido, cuando se turnaban diariamente para cuidar el ganado a lo largo del año. Hoy en día estos símbolos de una arquitectura, permite conocer cómo era la vida en épocas pasadas en esta zona. 


     Aunque no existen datos arqueológicos fiables o documentos escritos que precisen su construcción, según la tradición oral ya eran recordados como muy antigüos en el siglo pasado. Dado su estilo arquitectónico podría señalarse su origen en muchos siglos .



Serra do Barbanza
    Hay una ruta de senderismo señalizada que recorre Chans do Barbanza. El Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza rutas guiadas de este recorrido en el verano.



      Desde este dolmen comienza la ruta de las mámoas, un paseo por Chans do Iroite de la Sierra do Barbanza, la ruta nos lleva a lo largo de más de 5 km por mámoas de diferentes tipologías, que abarcan desde el Neolítico hasta finales del Calcolítico. Y todo en un entorno paisajístico único.



      Se tiene conocimiento de la existencia de unas diez necrópolis que acogen alrededor de veinte mámoas. "Pozas da Lagoa-Pedra da Xesta", "Sabuceda", "Porto Traveso", "Outeiriño do Pan", "Casto do Páramo", "Arca do Barbanza", "Armadoiro", "Mamoa Cavada", "Casota do fusiño" e "Outeiro Redondo de Brañas de Prados" dan nombre a cada uno de estos cementerios de mas de 5.000 años de antigüedad.



Recomendamos:
Mirador del Monte Iroite
      A este mirador que se encuentra en el Monte Iroite se accede a través de la aldea de Moimenta tomando la desviación que nos llevará hacia el monte. 
 

     Además de la impresionante vista de toda la sierra y la ría de Arosa, el bosque de pinos es perfecto para una merienda campestre.



Sierra del Barbanza
      Esta ruta nos llevará por la carretera de Noia, recorriendo la Sierra del Barbanza, desde la que contemplaremos unas maravillosas panorámicas de la Ría de Arosa. 
 

     Antes de llegar al monte Iroite, visitaremos el legado que dejaron nuestros antepasados: el Arca de Barbanza y la Casota del Páramo situados en la parroquia de Cures.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA