miércoles, 12 de junio de 2013

HERBIÑAS DE SAN XOAN

HERBIÑAS DE SAN XOAN

 


     Contan que a noite de San Xoán é meiga.


      Un dos ritos mais feiticeiro é deixar, ao relente da noitiña, un feixe de herbas nun caldeiro de agua, para na mañá, lavarse. 

      Non calquera herba, non. 

      Ao tempo que arrecemos, espantámolos males.


Algunhas delas son: 




Roseira.

      (Rosa canina),tamén chamada silva macho, roseira brava ou roseira do demo. Ademais do arrecendo, ten propiedades tónicas e astrinxentes para a pel. 




Fento macho.

      (Dryopteris filix-max), fieito, dentebrun ou dentabrón. Cóntase deste fento que bota flores á media noite. Estas servirán para facer feitizos. No Libro de San Cipriao (o máis famoso libro de esconxuros) pódese ler que poñendo un lenzo baixo do fento, á mañá estará cheo de demos pequenos. En calquera caso,lembrade que este fento é velenoso, xa que actúa como paralizante muscular.


Fiúncho.
      (Foeniculum vulgare), fiollo . Protexe do mal de ollo. Un saquiño con sementes axuda a conservar a saúde. Para manter lonxe as carrachas hai que levar unha poliña no zapato esquerdo. Ten propiedades diuréticas e dixestivas. Úsase para lavar os ollos e axuda á secreción do leite.


Herba Luísa.
      (Lippia triphylla), ou verbena olorosa. Din que foi o costume de recoller esta planta ás doce da noite de Sanxoán (as mozas casadeiras) a que fixo que o nome de "verbena" se esténdese a todas as celebracións nocturnas. Utilizábase para facer moitos ritos e feitizos amorosos. Ten propiedades dixestivas. 


Herba de Sanxoán
      (Hypericum perforatum), pericon, abeluria ou espántademos. A crenza popular era que ao queimala na casa, espantaba os demos. Disque a herba de Sanxoán limpa a cara de grans. É cicatrizante, antiséptica, astrinxente, diurética e antidepresiva. 


Malva.
      (Malva silvestris), as propiedades desta planta pódense escoitar en moitos ditos populares: "Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar", "Cun pozo e un malvar, boticario dun lugar". Serve para a tose, queimaduras e picaduras de abellas. 


Xesta.
      (Cytisus purgans), piorno, codeso ou retama. Ten un arrecendo semellante ao do mel. Atribúenselle propiedades purgantes, diuréticas e tónicas para o corazón. Era planta sagrada para os druídas celtas. Coas súas pólas várrese a casa para purificala e protexela. 


Alecrin.
      (Rosmarinus officinalis), romeu ou rosmariño. É unha das plantas máxicas que se utiliza para purificar e protexer. Hai tempo queimábase cando había enfermos na casa. Cheirar a súa madeira conserva a xuventude. A súa esencia é tónica, estimulante, cicatrizante, boa para o reuma e fai medrar o cabelo. 


Sabugueiro .
      (Sambucus nigra), sabugueiro, bieiteiro ou sauco. Os froitos chámanse tamén uvas de bruxa. É bo para as inflamacións, é sudorífico e calma a tose. As propiedades intensifícanse cando San Xoán os bendí nesta noite. É moi usado para espantar os sapos e serpes. 

      Hai moitas mais. O divertido é atopalas.

      ¡Arrecendede moi ben!. Boa noite de San Xoán.


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Lourizán - 2013
XOAN ARCO DA VELLA


martes, 11 de junio de 2013

AS HERBAS E OS CACHOS

AS HERBAS E O CACHO
Noite de San  Xoán


     As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo  cacho.

    O cacho consiste en recoller herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo, alonxa as bruxas e cura a envexa.


     Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.

      Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina, caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle votaba toxos.

      Na parroquia de Lourizán tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e chimeneas para impedi-la entrada das bruxas. 

     Tradicións parecidas falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeita-la Santa Compaña.

     Ó erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel, e a veces protexe das enfermidades pulmonares.

    A herba sécase durante varios dias ó sol para ser utilizada logo en múltiples remedios caseiros. 


     Deses remedios seleccionamos a seguinte mostra ilustrativa: 

     A ruda, herba luisa e manzanilla, contra os dores de barriga. 

     A hortelán e mildrastes contra os picores das estrugas. As follas de nogueira con tres noces, cura as chagas do corpo.

     O romeo cocido con viño curaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sin o viño era boa para o reuma, nervos e resfriados. 

     Loureiro e allo tríllanse para limpa-las aireadas e contra o reuma.

      Contra as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. 


     A herba de San Xoán  limpa a cara de grans. 

     O tromentelo era bo antídoto para evitar a caída do pelo.

     Respecto a esta última, recolleuse na parroquia de Lourizán a seguinte estrofa:




"Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo!. 



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Lourizán - 2013


XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 10 de junio de 2013

PETROGLIFO AUGA DOS CEBROS - OIA

PETROGLIFO AUGA DOS CEBROS
PEDORNES
OIA


     O Petróglifo de Auga dos Cebros atópase nunha pedra plana cunha sensible inclinación ao poñente, inmediata ao regato Vilar. Nos dous terzos superiores do petróglifo aparece representadas unha grea de trece cervos como cruzando ao galope o escenario cara á dereita agás nun único caso. 


     O modelo iconográfico destas figuras é o máis corrente na zona meridional do territorio da arte rupestre galaica, onde predomina un estilo local próximo ao esquematismo. Mención aparte merecen as tres figuras de maiores dimensións, que non se apartan das liñas xerais pero que presentan como particularidade o feito de ter os corpos gravados en plano rebaixado.


     Pero o máis interesante do conxunto aparece no terzo inferior: a figura dunha embarcación, un tema excepcional nos gravados galaicos. Malia que gravemente afectada na súa integridade por un acto vandálico que borrou a zona central da figura, o que sobrevive é a representación dun navío de casco curvo, con proa e popa elevadas, mastro colocado máis preto daquela que desta e os correspondentes estais. 


     Todo –estilo iconográfico e características arquitectónicas– apunta á consideración de que o que está representado neste petroglifo é un navío de filiación mediterránea e de cronoloxía aproximada de finais do III Milenio a.C., perfectamente encadrable coa xeral da arte rupestre galaica. 


     A presencia desta embarcación súmase ás evidencias arqueolóxicas que falan a prol da presencia de navegantes mediterráneos nas terras atlánticas cando menos dende estes tempos de introdución da metalurxia.


     Tamén é interesante a presenza de pequenos petróglifos nos arredores de Auga dos Cebros, como a descuberta dunha espada de folla triangular.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 9 de junio de 2013

IGLESIA DA MAGDALENA - PONTE ULLA

IGLESIA DA MAGDALENA
PONTE ULLA
VEDRA


     El río Ulla en el concello de Vedra forma frontera entre las provincias de A Coruña y Pontevedra. La parroquia de Santa María de Magadelena de Ponte Ulla alberga varios puentes de diferentes estilos.
 

      De puentes románicos, pasando por el magnífico puente de ferrocarril (Ponte Gundián) de mediados del siglo pasado al moderno puente del AVE.


      Decir que por este concello pasaban importantes vía de comunicación de tiempos remotos. Prueba de esta historia es la presencia de una iglesia de origen románico. 


     Del románico solo conserva el ábside que conserva algún canecillo original. Por lo demás destaca la sobriedad del barroco gallego que demuestra su fachada con la escasez de elementos decorativos. 


     En ella solo existe una puerta adintelada con restos de un antiguo arco original y un óculo sobre ella. Una espadaña de un solo cuerpo y doble campana corona la fachada. 


    Destacar el bonito estilo arquitectónico conservado en los alrededores de la iglesia, sobre todo cerca del puente de la carretera que cruza el Ulla, lo que demuestra la importancia de este paso interprovincial.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

CAPILLA DE SANTA MARTA - TEO

CAPILLA DE SANTA MARTA
VILAR
TEO
A CORUÑA


     Percorrendo o Concello de Teo, son de visita obrigada os adros parroquiais, cada un con séculos de permanencia e a súa historia particular: 


     San Simón de Ons, de Cacheiras, co seu via crucis do século XVIII.

     San Xoán de Calo, pertencente ó barroco, e do cal o escudo nobiliario pertence ós Condes de Altamira, señores de A Mahía. 


     San Xoán de Recesende: no seu camposanto levábase a cabo unha vella tradición, consistente en que tres mulleres, chamadas as tres Marías, facían dar voltas sobre a lápida dunha tumba ós nenos apoucados, para sacarlles o asombramento.


     A igrexa de Luou, do século XIX. Esta igrexa foi trasladada a outro emprazamento xunto coa Fonte de Santa Margarida ou Santa Rita, que se conserva en óptimas condicións, e as súas augas son consideradas milagreiras ou curativas, xa que, co seu contacto, desaparecen as verrugas e outras afeccións da pel.

     O adro de Santo Tomé de Vilariño, cunha necrópole da Idade Media.


      Cara o sur atoparemos varios mosteiros medievais: San Miguel de Rarís, Reis, Teo, Bamonde, e o adro de San Cristobo de Reis, do románico medieval.


      Existen numerosos cruceiros diseminados por todo o Concello de Teo, entre os cales cabe salientar o do adro de Teo, do século XVI, e sobre todo, o de Francos, do século XVI. Esta cruz debuxouna Castelao con gran precisión, preguntándose se os cruceiros non virían a Galicia a través do Camiño de Santiago, como antes viñeran as cruces dos peregrinos.



      Dentro desta mesma arte sacra, outra curiosidade constitúena os petos de ánimas, pequenos altares ó aire libre, diseminados por todo o concello, nos que se rende culto ós defuntos.



      En Bamonde, a casa reitoral ocupa un lugar destacadísimo na historia de Teo e de Galicia mesma. Alí durmiu, a noite do 22 de Abril de 1846, o Xeneral La Concha, antes de iniciar, ó día seguinte, a batalla de Cacheiras.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA