CAPELA DE SANTA BARBARÁ
CAXAMONDE
FIGUEROÁ
PADERNE DE ALLARIZ
Capela de planta rectangular e pequenas dimensións cuxos muros foron levantados con perpiaño granítico da modalidade de “opus quadratum”.
Protexida con unha cuberta a catro augas, a súa fachada principal acolle a porta de entrada gorecida baixo un grande arco de medio punto.
A principal singularidade do edificio é o grande cabildo cuberto co que conta o templo.
Tratase dun espazo aberto que sustenta a súa cuberta con catro esteos, dous de madeira e os restantes de granito con arestas biseladas, e que ten por obxecto resgardar das inclemencias meteorolóxicas aos fieis que acoden ao templo.
Atópase nun outeiro, as aforas do pobo de Caxamonde, xunto a un cruceiro e mais un pombal.
Recentemente foi reformada.
Cada 4 de decembro celebrase unha romaría tradicional na que a capela de Santa Bárbara é a protagonista.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901