jueves, 6 de febrero de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA DE BIDUEIROS - BIDUEIROS - DOZÓN

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE BIDUEIROS

BIDUEIROS

DOZÓN

 Iglesia de Santa María de Bidueiros
      Este templo pertence ao SXVIII, contando cunha sinxela construción, presenta unha planta rectangular, cun presbiterio elevado e co engadido da sancristía.

      Na súa fachada o único van que temos é o espazo da porta de acceso principal, enmarcada tanto no seu parte superior como no seu campanario polos característicos pináculos.

Bidueiros
     A parroquia de Santa María de Bidueiros divídese nos lugares de Amear, San Martiño, A Gouxa,  Roiriz, Pallota e Bidueiros.

     Xeograficamente, aséntase nunha das caídas do Monte da Pena de Francia, o  que fai que sexa un territorio elevado, destacando a altitude do Alto de San Martiño, que consegue os 818 metros de altitude, e dentro desta contorna dominada polas praderías e ríos, ten a súa orixe o nome desta Parroquia, que provén do nome galego da árbore "Bidueiro" ou  "Bido", en castelán bidueiro .

     Temos que destacar que no lugar da Gouxa atópanse os famosos “Pendellos” do S.XVIII, de propiedade privada, poñen de manifesto a importancia da Feira deste lugar, a cal perdura no tempo e séguese celebrando os días 11 e 23 de cada mes.

     O lugar da Gouxa era lugar de paso importante no momento, así como comercial para os intercambios e feiras promovidas polo veciño Mosteiro de Oseira.

     Neste sentido, temos que destacar a Festa da Carne ó Caldeiro e Bóla con Torresmos, que se celebra desde o ano 1994, o primeiro domingo do mes de Xuño e que cada ano conta cunha importante afluencia de xente.

MAPA

 

 Fuente: Concello de Dozón

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901