domingo, 2 de febrero de 2025

IGREXA DE SAN FINS DE RIBASIEIRA - XUFRES - PORTO DO SON

 IGREXA DE SAN FINS

XUFRES

RIBASIEIRA

PORTO DO SON

     Esta pequena construción do s. XVIII é de formas compactas, definidas os seus muros de cadeirado de granito e a cuberta de madeira a dúas augas de tella.

     A súa planta é rectangular dunha única nave que se divide en dous tramos por un arco de medio punto. Este funciona como elemento separador do presbiterio con respecto ao resto da igrexa.

      A sancristía engádese ao lateral norte do presbiterio, sendo o único volume que destaca cara ao exterior. O coro está situado aos pés.

     O seu exterior é de gran sobriedade. Na fachada principal ábrese unha sinxela porta alintelada e, sobre esta, unha ventá de reducidas dimensións.

     A cornixa, lixeiramente voada, adórnase nos extremos con pináculos rematados en bólas. No vértice, e sobre unha plataforma, érguese unha espadaña dun só arco.

Ribasieira
     San Fins de Ribasieira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Porto do Son. 

 

      Segundo o padrón municipal ten 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación. 

Lugares de Ribasieira
     Bustiguillade, Bustoseco, Cabrais, Calvelle, Godón, Inxerto, A Madanela, Pousacarro, Tara, Xufres

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901