jueves, 6 de febrero de 2025

CALVARIO DA IGREXA DE PARAÑOS - COTAREL - PARAÑOS - COVELO

 CALVARIO DA IGREXA DE PARAÑOS

COTAREL

PARAÑOS

COVELO

     Calvario formado por tres cruces, a do medio formando parte do Vía Crucis do lugar

      A cruz da esquerda (a de Xestas, o Mal Ladrón) posúe 1,47 m. de altura e se atopa lixeiramente inclinada. Nace sobre unha base cúbica de arestas rebaixadas parcialmente soterrada, e presenta tamén as arestas rebaixadas.

      A cruz da dereita (a de Dimas, o Bo Ladrón) posúe 1,53 m. de altura. Nace sobre unha base cúbica parcialmente soterrada e coas arestas rebaixadas, e presenta as arestas acaroadas.

Paraños
      Santa María de Paraños é unha parroquia que se localiza no aur do concello de Covelo na comarca da Paradanta. 

      Segundo o IGE en 2014 tiña 233 habitantes (117 homes e 116 mulleres), 49 menos ca en 2004 (142 mulleres e 140 homes segundo o padrón municipal) e 35 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación. 

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

      A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901