HOMENAXE A ANTONIA MURADÁS
ASOCIACION DE VECIÑOS " A FONTE"
Texto: Aldara Paz Portela
Fuente: Publicado Diario de Pontevedra
Antonia Muradás, muller de mans salgadas
A Asociación A Fonte renderá hoxe homenaxe a Antonia Muradás, A Chosquita, empacadora na postguerra, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora
"Soñaba con ir á escola, pero non se podía. Había que traballar".
Esa foi a dura realidade da postguerra. Antonia Muradás Muñiz, coñecida polo mote familiar "A Chosquita", foi unha das moitas mulleres –ou nenas naquel tempo– que tiveron que sacrificar a súa vida e os seus soños para que a súa familia puidese comer co pouco diñeiro que entón se gañaba nos traballos vinculados o mar.
A pesar de todo iso, Antonia recoñece que tivo unha mocidade moi feliz. Unha época que este martes puido rememorar grazas a unha fotografía que lle entregaron as súas "veciñas de toda a vida" en Cantodarea Tesi Landín e Mari Tarrido, da Asociación A Fonte, que hoxe lle fará unha homenaxe con motivo do Día da Muller Traballadora.
O acto terá lugar ás 18.00 horas enfronte do monumento da "Carrexadora", símbolo de loita e de todas as mulleres do mar.
Alí entregaráselle un recordo a Antonia e despois celebrarase unha merenda no local da Comisión de Festas de San José situado en Concepción Arenal, á beira do Bar Apolo.
"A Chosquita" era das máis altas do seu grupo de compañeiras, unhas dez. Da decena tan só permanecen vivas ela e a que saía ao seu lado, Elvirita "A Suela".
Na foto, de 1951, tamén saía a sua avoa, Dores. "Acórdome perfectamente que a miña avoa pasaba por alí naquel momento e chamámola para que saíse connosco na foto", conta con añoranza.
O traballo de Antonia e as súas compañeiras era o de empacadoras, no que case todas comezaron antes da maioría de idade.
Dedicábanse a gardar e salgar o peixe, concretamente a carioca, para despois cargalo aos camións e distribuílos. "Era un traballo moi duro.
Podías pasar toda a noite traballando e non ir a casa ata as doce do mediodía, porque dependía de se cho compraban ou non", relata a veciña de Cantodarea, que recorda que "o pouco que pagaban para o moito que faciamos". Por cada caixa, cinco pesetas.
De feito, por descargar o sal dos coches "non nos pagaban". Tampouco tiñan nin vacacións nin seguro e só gañaban diñeiro se pescarbas pa manipular.
O oficio pasoulle factura, xa que nalgunha ocasión chegou a sufrir anemia.
Pero xa aos 14 anos, as mans de Antonia sabían o que era estar en continuo contacto coa salitre e o sal máis puro. E é que pasaba horas no peirao secando bacallau.
"Sempre intentaba acabar rápido para poder ir ao colexio. Logo cando se modernizou un pouco a técnica no peirao, tocábame ir a Cálaa do Sur, onde tamén se secaba, a vixiar que os gatos non llo comesen", recorda a homenaxeada, que aínda se cuestionou como puido aprender a ler e a escribir co pouco tempo que tiña para dedicarse a iso.
Aos 16 anos traballou na conserveira de Riestra e posteriormente, ata os 25, cando casou, foi empacadora. Pero Antonia seguiu traballando.
Estivo polo menos 43 anos no emblemático Bar Lelé –que en 1952 colleron o seu marido e o seu cuñado– ata que se xubilou.
NOTA:
Meu agrdecemento a AA.VV. A Fonte por convidarme o acto, moitas gracias.
VIDEO
Texto: Aldara Paz Portela
Fuente: Publicado Diario de Pontevedra
XOAN ARCO DA VELLA





















Cuando Beatriz se sopla el cuero cabelludo rojizo en el video sale chulisima, me encanta!! wow guapisima antonia MI VIDA una gran mujer lucchadora
ResponderEliminar