ANTIGUA ESTACIÓN DE O FREIXEIRO
O FREIXEIRO
QUIROGA
Estación de O Freixeiro
O Freixeiro é un apeadeiro ferroviario situado na localidade homónima, no municipio de Quiroga, na provincia de Lugo.
Non conta con servizos de pasaxeiros dende o 28 de setembro de 1999.
Situación ferroviaria
Atópase no punto quilométrico 341.6 da liña de ancho ibérico León-A Coruña, entre as estacións da Pobra do Brollón e San Clodio-Quiroga.
O tramo é de vía única electrificada.
Historia
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo Oural-Toral dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.
As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.
En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.
En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na recentemente creada RENFE.
Non conta con servizos de pasaxeiros desde o 28 de setembro de 1999.
A estación
O edificio para viaxeiros é de base rectangular e unha única altura. A estación dispón de tres vías e unha única plataforma xunta ao edificio de viaxeiros.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901