viernes, 17 de marzo de 2023

ESTACIÓN DE TREN SOLDÓN-SEQUEIROS - QUIROGA

 ESTACIÓN SOLDÓN - SEQUEIROS

SOLDON

QUIROGA

Estación de Soldón-Sequeiros
     Soldón-Sequeiros é un apeadeiro ferroviario situado na parroquia de Sequeiros, no municipio de Quiroga, na provincia de Lugo. Non conta con servizos de pasaxeiros dende o 28 de setembro de 1999.

Situación ferroviaria
     Atópase no punto quilométrico 327,376 da liña de ancho ibérico León-A Coruña, entre as estacións de San Clodio-Quiroga e Montefurado. O tramo é de vía única electrificada.

Historia
     A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo Oural-Toral dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.​ 

     As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.

     En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.​

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na recentemente creada RENFE.

     Non conta con servizos de pasaxeiros dende o 28 de setembro de 1999.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901