IGREXA DE SAN ESTEVO
NOALLA
SANXENXO
Igrexa de Santo Estevo de Noalla
É a máis grande e monumental das igrexas de Sanxenxo que se alza no medio dunha densa vexetación verde. A súa privilexiada situación confírelle unhas magníficas vistas da Ría de Pontevedra.
O edificio conserva restos románicos, na fachada principal presenta arquivoltas apuntadas e remodeladas. No tímpano hai un Calvario do século XVIII.
No seu lado esquerdo, un monumental campanario tamén do século XVIII asoma sobre o amplo horizonte da Lanzada.
Noalla
Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo.
Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.552 habitantes (1.322 mulleres e 1.230 homes), o que representa unha estabilidade demográfica respecto ós últimos anos.
Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó leste coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra.
A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa do concello. Consta de 17 entidades de poboación.
Xentilicio
O seu xentilicio é noallino.
Patrimonio
A igrexa parroquial, a máis grande do concello, foi orixinariamente de estilo románico, conservándose desa época dúas arquivoltas apuntadas na fachada.
Consta dunha soa nave, dividida en tres tramos: os dous máis occidentais están cubertos por bóveda de cruzaría, e o terceiro, xunto coa capela, con bóveda de canón.
Na fachada occidental, no tímpano figura un calvario do século XVIII. No lado esquerdo ten acaroada unha torre-campanario, rematada en cúpula, e ó pé unha pequena imaxe de Santo Estevo Mártir.
Nesta parroquia atópase o castro da Lanzada, a carón da torre da Lanzada. Tamén posúe un bo número de restos megalíticos na zona de Monte Faro.
Lugares de Noalla
Aios, O Casal, Os Caseiros, Codesal, Cova de Pazos, Fonte de Ons, A Igrexa, A Lanzada, Mourelos, O Pombal, Quintáns, A Revolta, Salgueiro do Mato, Soutullo, Telleiro, O Tombelo, Tramalleiro
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901