miércoles, 25 de septiembre de 2019

CAMA DE SANTO ESTEVO - A CANICOUVA - PONTE SAMPAIO

A CAMA DE SAN ESTEVO
A CANICOUVA
PONTE SAMPAIO



Cama de Santo Estevo 
      A tumba excavada na roca é de forma trapezoidal cos extremos redondeados, mide aproximadamente uns 2 metros de longo, 50cm. de ancho na cabeza e uns 30 cm, nos pés e a súa orientación é Este-Oeste. ten un reborde en todo o seu perímetro. A pedra de soporte sufriu traballos de extracción para cantería pero o sepulcro está intacto.



     Está situada a uns escasos 150 metros da igrexa románica.

     A tradición popular conta que Santo Estevo que era adorado por ser sanador de enfermidades raras e de difícil curación, apareceu neste sepulcro.

     Onde a xente estírase no seu interior esperando ser curados dos seus males e doencias.



A Canicouva
     Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2012 tiña 252 habitantes (135 mulleres e 115 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación,[1] o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.

     A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas), e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).

     Formou parte do concello de Ponte Sampaio desde 1833 até 1960, ano en que foi anexionado ao de Pontevedra.



Patrimonio
     No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.

      No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.

As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).



Lugares da Canicouva
    Cacheiro, A Canicouva 


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente:  Blog /enricvillanueva.wordpress.com
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901