RUINAS DA CONSERVEIRA CURBERA
PINTÉNS
O HÍO
CANGAS
Pinténs
Pinténs é un lugar da parroquia do Hío no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo.
Segundo o IGE, en 2011 tiña 309 habitantes (156 homes e 153 mulleres).
O Hío
Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas.
Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.
Xeografía
A parroquia está situada ao oeste do concello. Varias das súas praias adoitan ter Bandeira Azul. Está cruzado por dous regatos. O rego de Donón nace en Donón, o seu leito e do Hío ata O Facho e desemboca en Barra.
Ten a vertente na ría de Vigo cunha lonxitude de 2.025 m e remata en estuario.
O Lagares nace en Vilanova e desemboca na praia de Areabrava. Ten a vertente na ría de Aldán, o seu réxime e regular cunha lonxitude de 2.100 m e acaba en estuario.
Historia
O Hío comezou a estar habitado na Idade de Ferro, cando se poboou o Facho de Donón, onde logo se levantou o santuario galaico ao deus Berobreo. Na Idade Media pertenceu ao couto feudal da Casa de Soutomaior.
Desde 1821, momento en que se constituíron os actuais municipios, ata 1862 pertenceu a Bueu, de igual xeito que a veciña freguesía de Aldán.
No ano 1929 os emigrantes do Hío en Buenos Aires enviaron cartos para construír unha casa e traer un médico para a parroquia.
Patrimonio
Cruceiro do Hío.
O cruceiro do Hío é obra de Xosé Cerviño, canteiro de Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Foi feito en 1872, e está situado fronte ao adro e forma parte dun conxunto artístico-relixioso composto pola igrexa románica de Santo André de Hío e mais a casa reitoral.
É da gran valor cultural un santuario galaico-romano na aldea de Donón, situado na Costa da Vela, concretamente no Monte do Facho.
Festas
Son afamados os seus festexos populares do entroido. Coñecido popularmente como Carnaval do Hío, é unha festa popular que se celebra 40 días antes da Semana Santa, na cal se vai de aldea en aldea bailando e cantando e bebendo viño tinto. Este evento dura 3 días que sempre coinciden en domingo, luns e martes.
Cada unha das sete aldeas do Hío contrata un cuarteto de gaiteiros, que son recibidos o domingo á tarde (con festa ata a madrugada na súa aldea). Durante luns e martes, todas as aldeas van visitando xuntas cada un dos núcleos de poboación: o luns van todos a Vilariño, O Igrexario, Pinténs e Vilanova; e o martes vaise a Liméns, Nerga e Donón.
En cada aldea hai un rito de irmandamento, un breve concerto de cada cuarteto (co conseguinte prestixio ou desprestixio para as aldeas, segundo a calidade dos músicos e das súas pezas) e unha saída na que os membros da aldea anfitrioa fan un corro aos visitantes.
Cada noite, en cada aldea da parroquia, organízase un "baile" que dura ata que a xente aguante. Este baile é nun baixo calquera, que adoita cambiar cada ano.
Lugares do Hío
Donón, O Igrexario, Liméns, Nerga, Pinténs, Vilanova, Vilariño
Parroquias de Cangas
Aldán (San Cibrán), Cangas (Santiago e San Salvador), Coiro (San Salvador), Darbo (Santa María), O Hío (Santo André)
Comarca do Morrazo
A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.
Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.
É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia).
Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901