lunes, 23 de septiembre de 2019

PONTE DA EIREXE- CAROI - RÍO ALMOFREI - CERDEDO COTOBADE

PONTE DA EIREXE
RÍO ALMOFREI
CAROI
CERDEDO COTOBADE



Río Almofrei
     O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra.


     É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez e a súa lonxitude é de aproximadamente 26 km, o que o converten no máis longo dos seus tributarios.


Étimo
     A denominación do río está vinculada ao lugar e parroquia de Almofrei (Cerdedo-Cotobade), que bañan as súas augas, de xeito que ben expresado o seu nome sería "río de Almofrei", o que é bastante característico na denominación de numerosos ríos menores.


     Á súa vez o nome da parroquia é de orixe xermánica dun posesor, seguramente altomedieval, con nome gótico latinizado, Ermaufredus, que polo xenitivo, Ermaufredi, pasou por evolución ao galego Almofrei.     Outros autores falan dunha orixe árabe da palabra, que conservaría en galego o significado de funda na que se leva a cama de viaxe.


Descrición
Fontes
     O Almofrei nace preto do lugar de Fraguas, na freguesía de Santiago de Caroi, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade, por debaixo do monte Seixo, que está xa no municipio da Lama, a uns 671 msnm.


Percorrido
     Logo do seu nacemento e ao longo do seu curso atravesa outras das freguesías de Cerdedo-Cotobade: Corredoira, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, que é a que lle empresta o seu nome ao río.



     Pouco despois de pasar por esta, entra na parroquia de Bora, xa do concello de Pontevedra, para moi logo desaugar no río Lérez á altura do lugar de Ponte Bora. O sentido xeral do percurso do río é de NO a SE.


Afluentes
     Os afluentes do Almofrei son pequenos regatos de escaso desenvolvemento lonxitudinal. Pola dereita salientan o rego da Pereira, o rego de Chan das Latas e o rego do Pego. Pola esquerda, o rego de Borela, no curso medio xa, é o máis importante.


Réxime hídrico
     O Almofrei é un típico río de réxime hídrico pluvial de tipo oceánico, coas características da súa conca, que segundo a altura recolle anualmente entre 1.500 mm e máis de 2.000 mm. A súa bacía esténdese sobre 77,5 km² e o seu caudal medio é de 3,58 m³/s.


Intervención humana
Construcións
     Ó longo do seu percorrido hai un bo numero de muíños, un batán, e praias e piscinas fluviais.


Caroi
     Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.


 
Historia
     O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona. A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.


Poboación
     Caroi presenta un modelo poboacional típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. 



     No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.


 
Patrimonio
     Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013.


     Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. O topónimo correcto é Ponte da Eirexe, pois o lugar ao que se refire é A Eirexe.

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901