PORTO DE PÓVOA DE VARZIM
PÓVOA DE VARZIM
Póvoa de Varzim
Póvoa de Varzim é unha cidade portuguesa do distrito do Porto, Rexión Norte e sub-rexión do Grande Porto.
Descrición
Situada nunha chaira costeira areosa, ao sur do Cabo de Santo André, a medio camiño entre os ríos Miño e Douro, está poboada por 42.396 habitantes na área urbana, cun total de 63.408 no municipio, segundo o censo de 2011.
Aínda que a porción urbanizada esta estendida, ao sur, cara Vila do Conde, habendo uns 100.000 habitantes na aglomeración. Cos concellos veciños de Vila do Conde e Esposende forma un dos polos urbanos do Norte de Portugal.
As primeiras poboacións fixáronse no seu territorio entre catro a seis mil anos atrás. Ao redor de 900 a.C., a inestabilidade na rexión levou á fundación dunha cidade amurallada, a Cividade de Terroso, que desenvolveu rutas de comercio marítimo coas civilizacións da antigüidade clásica.
A Póvoa de Varzim moderna emerxeu despois da conquista da cividade pola República Romana ao redor do 138 a.C., a pesca e unidades de procesamento de pescado desenvolvéronse pouco despois, constituíndo as bases da economía local desde entón.
No século XI, a industria pesqueira e campos fértiles formaron a base dun gran señorío feudal e Varzim foi ferozmente disputada entre os señores de Varzim e os primeiros reis de Portugal, o que levou á creación do municipio en 1308 e ser sometida ao poder monástico medieval poucos anos despois.
A importancia da Póvoa de Varzim volveu emerxer coa era dos descubrimentos debido á competencia e riqueza dos seus construtores navais e navegantes, que negociaban ao redor do mundo en rutas comerciais complexas.
Polo século XVII, a industria de transformación de pescado tomou novo alento e, algún tempo máis tarde, a Póvoa tornouse no porto pesqueiro dominante no Norte de Portugal.
A Póvoa de Varzim é unha recoñecida praia balnearia desde hai tres séculos, a máis popular no Norte de Portugal, o que instituíu unha cultura literaria influente e patrocinio na música e no teatro.
É unha das poucas zonas de xogo legal en Portugal e posúe industria téxtil e alimentaria significativas.
A cidade mantén unha identidade cultural propia, unha cociña mariñeira rica e tradicións antigas, tales como siglas poveiras, a técnica agrícola das masseiras e festas.
Distrito do Porto
O Porto é un distrito de Portugal, correspondente ao núcleo da provincia tradicional do Douro Litoral.
Limita ao norte co distrito de Braga, ao leste co distrito de Vila Real, ao sur co distrito de Viseu e co distrito de Aveiro, e ao oeste co océano Atlántico.
Ten unha área de 2.395 km² (17º maior distrito portugués).
Poboación residente (2001):
1.781. 826.
A capital do distrito é Porto.
O distrito do Porto subdivídese nos seguintes 18 concellos:
Amarante
Baião
Felgueiras
Gondomar
Lousada
Maia
Marco de Canaveses
Matosinhos
Paços de Ferreira
Paredes, Portugal
Penafiel
Porto
Póvoa de Varzim
Santo Tirso
Trofa
Valongo
Vila do Conde
Vila Nova de Gaia
Na actual división principal do país, o distrito intégrase na Rexión Norte, espallándose os seus municipios pelas subrexións do Grande Porto, Ave e Tâmega.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901