EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
¨OFICIOS E FERRAMENTAS¨
¨ROCIO PERUCHELA¨
MONFORTE DE LEMOS
Segunda exposición fotográfica sobre Oficios e Ferramentas na Galiza rural
A fotógrafa Peruchela amosa fotografías sobre oficios tradicionais galegos na Casa de Cultura de Monforte
Entre os vindeiros 3 e 17 de setembro a fotográfa galega Rocio Rodríguez (Peruchela), exhibirá unha mostra de fotografías relacionadas con antigos oficios de Galiza rural. Un traballo que iniciou fai uns anos coa recollida de imaxes e vídeos tomados os continuadores destos empregos en diferentes feiras etnográficas e tradicionais, así como en aldeas, e completadas con imaxes de utensilios e ferramentas de diferentes museos galegos.
Unha labor coa que Peruchela pretende rescatar do olvido estas profesións, un soño que según nos conta, afincou nela ala polo ano 2005, ano no que empezara a traballar no proxecto www.aldeasgalegas.com .
Xa no 2017, a autora fixera a sua primeira exposición na Casa da Cultura Lois Pereiro, de Monforte de Lemos. Nesa ocasión, a mostra amosaba numerosas ferramentas, utensilios e labouras do campo como o proceso do liño, amosando tamén oficios como o de carpinterio, ferreiro, serrachín, barbeiro e cereiro.
Este ano 2018, a segunda mostra fotográfica de oficios daranos a coñecer traballos como o de resiñeiro, silleiro, albardeiro, ou o de telleiro. Este último foi un oficio que incluso chegou a ter xerga propia para que os dafora non poideran entrar nel. Tamén se amosarán fotografías de cocheiros, cesteiros, zoqueiros, ou o tan entrañable de alambiqueiros, entre outros.
Peruchela quere agradecer a labor de todos os artesáns e profesionais que traballan por manter vivos estos oficios, así como toda a axuda e colaboración prestada por tantos deles na realización desta mostra fotográfica, que tamén poden ver ampliada con vídeos na páxina da fotógrafa www.retratosperuchela.com desta saga de exposicións para o vinderio ano.
Así mesmo, dada a enorme amplitude de oficios e labouras propias de Galiza rural, a fotográfa anuncia xa a continuación
Agradecementos: José Luís Castro e Marco, Silleros - Feira de Artesanos de Vilamor do Caurel 2018
José Alvarez do Rosal, Tejero - Feira Tradicional Outrora de Rubián 2015-2016
Mª Jesús Labrador, Cestera - Feira Etnográfica de Loñoa, Pereiro de Aguiar 2018
Xián, Resinero- Feira Guímara da Pobra do Brollón 2018
Matrimonio de Cesteiros nas festas do San Froilán en Lugo 2017
Cesteiros da Romería etnográfica RAIGAME
Casa do Patrón, Codeseda Lalín 2017
Casa Xacobe e casa Forguitaina de Piño 2018
Eduardo López do Corgo, aficcionado a recoller enseres antigos. Feira Etnográfica de Santa Cruz do Incio 2018
Asociación de mulleres rurais de Bóveda Amencer, pola invitación á viaxe ao Museo de Tor onde fixen algunhas das fotografías dos oficios de Cocheiros e Albardeiros.
Grupo de Fotografía de Xoán Arco da Vella, por planificar viaxes onde as fotos recobran a importancia que merecen dada a gran laboura documental que realizan.
Colaboraron con este traballo:
Esmeralda Casabianca, editora dos textos.
Mayte Rodríguez, xornalista e redactora da nota de prensa.
Máis agradecementos:
En xeral a toda a xente que valora o meu traballo polo seu apoio incondicional.
Ao concello de Monforte de Lemos, polo seu compromiso coa Cultura.
Alambiqueiros - Albardeiros- Cerralleiros - Cesteiros - Cocheiros - Latoneiros - Resineiros- Silleiros
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fotos: Perruchela
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901