martes, 6 de febrero de 2018

FERVENZA DE CHACÍN - RIO CASTELIÑO . MAZARICOS

FERVENZA DE CHACÍN
RÍO CASTELIÑO
MAZARICOS


Chacín
     Santa Baia de Chacín é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2013 tiña 641 habitantes (343 mulleres e 298 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 875 habitantes.



Patrimonio
     Entre o seu patrimonio, amais da igrexa parroquial de Santa Baia, está a capela de Santa Leocadia e San Brais. O templo, de planta cuadrangular cun pórtico no lado norte, foi construído na idade moderna, en pedra de cantaría con cuberta a dúas augas e unha espadana de ferro sen campá. Na fachada está a porta centrada no lenzo, unha pequena fiestra e unha bufarda.



     Na parroquia houbo un poboado castrexo, o castro da Pena dos Mouros.


     Preto da ermida de Santa Leocadia e San Brais, no bosque de Augabril, nace o río Nosiño, creando unha fervenza.


Lugares de Chacín
     Asenso, Chacín, Fontemourente, Gosolfre, Lamasapín, O Pino de Val, Santa Baia, Val, Vilariño de Chacín, Vioxo



Mazaricos
     Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.289 habitantes (4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio é «mazaricán».



Situación
     Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el -antes están os estreitos concellos de Carnota e Muros. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara o sur cara o Macizo do Pindo). Cara o Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sur, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan directamente na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.



     A oscilación térmica anual é de 10 °C, se ben a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abundantes (1.500-2.000 mm).


     O hábitat é disperso. As principais poboacións son A Picota, O Pino de Val e Asenso.


Historia
     Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo. Así mesmo no lugar de Monteagudo atopase en situación ruinosa o castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande.



Economía
     Case a metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería en pequenas parcelas dedicadas ao auto-consumo. A gandería ten especial relevancia. 



     Existen grandes zonas boscosas, aínda que moi reducidas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.


Cultura
     Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. 



     Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os Dacosta (bordóns e ovellas).


Parroquias de Mazaricos    
     Alborés (San Mamede), Antes (San Cosme), Arcos (Santiago), Beba (San Xián), Chacín (Santa Baia), Coiro (Santa María), Colúns (San Salvador),  Corzón (San Cristovo), As Maroñas (Santa Mariña), Mazaricos (San Xoán), San Fins de Eirón (San Fins), Os Vaos (San Tomé)


MAPA
VIDEO
VIDEO
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901