lunes, 25 de diciembre de 2017

MUIÑO DA DUCA - MUIÑOS DA ROCHA - ARBO

 MUIÑO DA DUCA
MUIÑOS DA ROCHA
MOURENTÁN
ARBO


Muiños de Rocha
     Un percorrido no cal podemos visitar catro muíños excelentemente restaurados: o Muíño do Coto; o da Duca; o do Medio e o do Cubo. 



     Ademais, dous deles conservan todos os aparellos e mobiliario necesario para moer.


Mourentán
     San Cristovo de Mourentán é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arbo.



     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 571 habitantes (282 homes e 289 mulleres) distribuídos en 63 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 738 habitantes.



A Rocha
     A Rocha é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).



Lugares de Mourentán
     A Abelenda do Cuarto, Agroi, O Canaval, O Carballal, A Carballeira, A Casanova do Cuarto, A Cavada, As Cavadas, A Choia, A Corredoira, As Corvaceiras, O Coto de Barcia, O Coto de Covas, O Coto de Sande, Covas de Abaixo, Covas de Arriba, O Covelo, A Cruz, A Cuqueira, O Currillo, Os Doños, A Eira, O Eirado, A Ermida, Esmoriz, A Fenteira, Fontán, A Fraguiña, A Igrexa, A Ladeira, A Lomba, Louredo, O Mato, O Meixoeiro, As Negráns, A Nogueira, Novás, O Outeiro de Abelenda, Paravedra, O Pazo de Sande, A Pereira, O Pibidal, Pimende, O Pombeiro, A Portela, O Pozo | Rande, O Reguengo, Riás,  A Rocha, A Rotea, San Roque, As Searas, O Souto, O Toural, Trabazos, Valiño, A Valouta, A Ventana, O Vieiro, Vilariño, Xixáns, O Xumezo



Parroquias de Arbo
     Arbo (Santa María), Barcela (San Xoán), Cabeiras (San Sebastián), Cequeliños (San Miguel), Mourentán (San Cristovo), Sela (Santa María)



Montes da Paradanta
     Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza.



     Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.



     O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. Hai unha confusión de Rocha. Os muiños da Rocha que tan ben retratas están no lugar de A Rocha na parroquia de Santa María de Arbo; non en Mourentán.
    Un saúdo e boas festas e a seguir con estas fotos.

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901