lunes, 3 de octubre de 2016

A PONTE BORELA - COTOBADE

 A PONTE BORELA
BORELA
RÍO ALMOFREI
COTOBADE

Ponte Borela
Descrición
     Ponte sobre o río Almofrei. Hoxe en día atópase algo reformado para facilitar a circulación de turismos. 



     Conserva o arco lixeiramente apuntado que nos indica a súa orixe medieval.


Acceso
     Saíndo de Pontevedra pola estrada que leva a Ourense e no cruce de Couto collemos un desvío á dereita que nos leva a Borela.



A Ponte Borela
     A Ponte Borela é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cotobade. Segundo o IGE do 2007 contaba con 30 habitantes (16 homes e 14 mulleres), o mesmo número que no 2006.



     Neste lugar atópase a capela da nosa Señora de Lourdes, moi preto da ponte medieval sobre o río Almofrei que dá nome ó lugar. A capela é de planta rectangular e cuberta a dúas augas, cunha porta de arco de medio punto. A ponte, do século XV, é dun van de arco oxival, de 8,15 metros de luz.


Borela
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cotobade. Segundo o IGE no 2007 tiña 388 habitantes (189 homes e 199 mulleres), 6 máis que no 2006. Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.




Persoeiros
     En 1947, a escritora brasileira Nélida Piñon, que daquela contaba con 10 anos, múdase cos pais e cos avós maternos para Borela, onde ficarán dous anos.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901