sábado, 13 de junio de 2015

FERVENZA DO BATAN - CERDEDO

 FERVENZA DO BATAN
REGUEIRO DO BATAN
FRAGUAS
CERDEDO


        Cerdedo é un concello situado na zona centro de Galicia  e perfectamente comunicado coas Rías Baixas (28 km) , con Santiago de Compostela( 45 km) e Ourense (50 km).


     Cunha extensión duns 80 quilómetros cadrados e unha poboación de 4000 habitantes é un refuxio ideal para os amantes da natureza, os deportes ó aire libre e a boa mesa.



     Limita ó norte cos concellos da Estrada e Forcarei, ó sur con Cotobade e Forcarei, ó este con Forcarei, e ó oeste con Campo Lameiro e Cotobade.



     Cerdedo está atravesado pola estrada N-541 (Ourense – Pontevedra), que forma o seu eixo principal de comunicación. Xeograficamente, o Término Municipal de Cerdedo localízase na porción meridional da dorsal galega, na súa vertente occidental, de tal xeito que o conxunto montañoso disponse en anfiteatro.



     As súas maiores elevacións atopámolas no Outeiro do Couto do Monte do Seixo (1024 m) e no Outeiro de Couso.



     O río Lérez constitúe o principal cauce fluvial, atravesando o término municipal en  dirección este - oeste. A existencia dunha numerosa, aínda que de pequena escala, rede de afluentes do Lérez fai que as terras sexan productivas e axeitadas para a agricultura e a gandeiría.



     As condicións climáticas de Cerdedo están condicionadas pola súa situación nas serras prelitorais, e a súa orografía montañosa actúa como pantalla pluviométrica, polo que as súas precipitacións son elevadas.



     En canto ás temperaturas, o máis destacable son os seus baixos valores sobre todo os invernais, sendo xaneiro o mes máis frío.



     Os núcleos de poboación máis importantes son Cerdedo(capital) , Pedre, Figueroa, Fondós,Covas, Tomonde e Os Castros.


     O nome de Cerdedo procede según Millán González Pardo de "Ceratesum", que significa  "lugar de cereixas", o que fai supoñer que foi un lugar de producción abundante desta froita.



     Toda a comarca de Terra de Montes é de indudable atractivo histórico-artístico.



     En Cerdedo predominan os cruceiros, igrexas de gran valor arquitectónico, pontes de diversos estilos e calzadas romanas.



     Pódense ver tamén  importantes mostras de arte prehistórica e restos arqueolóxicos.




FRAGUAS
     Aldea formada por un conxunto de casas abandonadas. 




     Casas tradicionais con paredes de cachotaría e cadeirado de granito, e cubertas de tella e lousa de pedra. Sitúase nunha pendente, moi preto do río.



TOMONDE
     Santa María de Tomonde é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 173 habitantes (95 mulleres e 78 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 224 habitantes.



Patrimonio
    Igrexa de Santa María de Tomonde. Ten planta de cruz latina con ábsida cuadrangular e sacristía adosada. 



     A portada principal é adintelada, con molduras lisas e torre central con tres corpos. Nos muros consérvanse canzorros románicos.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901