miércoles, 17 de junio de 2015

EIRA DE SAAVEDRA - DADÍN

 EIRA DE SAAVEDRA
DADÍN
O IRIXO


Saavedra
     Saavedra é un lugar da parroquia de Dadín no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 43 habitantes no ano 2014 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 21 eran homes e 22 mulleres. Aínda que nos meses de verán a poboación aumenta xa que chegan persoas doutros lugares.


     Dende Saavedra pódese acceder á capela da Pena da Sela por unha das súas estradas.



Dadín
     San Pedro de Dadín é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 contaba con 114 habitantes, deles 52 eran homes e 62 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes.



Patrimonio
     A igrexa parroquial é do século XVIII, e ten nave dun corpo con tribuna. O altar e a sancristía foron construídos en 1833, así como o arco de acceso. A fachada está adornada con pináculos nas esquinas, e ten espadana rematada en frontón.



     O retablo maior é historicista (pseudo gótico), tamén de 1833, coas imaxes de San Pedro, San Ramón Nonato, Santo Antón e Santa Bárbara, todas elas do século XVIII e restauradas estas tres últimas en 1844. Hai tamén unha imaxe de San Roque de 1855. O retablo lateral esquerdo, con columnas salomónicas, é do século XVIII, cunha imaxe de San Xosé. 0 retablo lateral dereito, no mesmo estilo e data, ten unha imaxe da Virxe do século XIX.



     Na igrexa hai un peto de ánimas de talla popular. Entre o mobiliario litúrxico destaca unha cruz procesional de prata do século XVIII e unha custodia da mesma data, varios cálices dos séculos XVIII e XIX e dúas coroas de prata. Preto do templo hai un cruceiro do século XIX.



     En Pena da Sela hai unha ermida do século XVI, na que se celebra unha romaría. Ten capela maior, sancristía a man dereita e nave con tribuna sostida por dúas columnas de pedra. A capela maior, á que se accede por arco de medio punto, está cuberta por artesoado de madeira, a nave á súa vez por madeira a dúas augas. 



     Na fachada hai unha inscrición en un fornelo cunha imaxe da Virxe. O retablo maior é neoclasico, de finais do século XVIII, coa imaxe da patrona. Preto da ermida hai un cruceiro do século XX, e nas proximidades hai un peto de ánimas.


     No lugar de Saavedra hai unha eira con varios hórreos.



Comarca do Carballiño
     A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901