martes, 14 de abril de 2015

IGLESIA DE COUSO - AVIÓN

 IGLESIA DE COUSO
COUSO
AVIÓN
OURENSE


  Avión
       Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.



     Segundo o INE a súa poboación no ano 2010 era de 2.561 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003).



     O seu nome procede do veciño río Avia.




      Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.



     É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.



      A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.



     O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro.




     Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.



Poboación
     Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes). A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras.




     

     Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.


 
Lugares de Couso
     A Hedreira, Couso, Penedo, Taboazas, Vilariño


Parroquias de Avión
     Abelenda (Santa Mariña), Amiudal (Santiago), Avión (Santos Xusto e Pastor), Baíste (Santa María), Barroso (Santa Baia), Córcores (Santa Mariña), Cortegazas (Santo Antonio), Couso (Santa María), Nieva (Santa María)



 Comarca do Ribeiro
     A Comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.



     Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 17.195 habitantes (2014). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 



     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.


MAPA


XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. Hola XOAN...... atopeime, con istas fotografias, sin saber,chamome Pilar, e estou seguindo a tua paxina, desde Mexico, e non sabes, canta morriña e lenbranzas, nos achegaches, a cada un de os veciños, que aqui vivimos, moitos de nos xa nados en esta fermosa terra, que acolleu a nosos pais, tios , primos e a todos os veciños...... e cando digo todos, non esaxero...... todos emigramos para este pais, dedes antes da guerra os homes, e despois en familias completas, pechandose pouco a pouco, as portas de A Parroquia de Santa Maria de Couso, pero nunca deixamos de sentir e dicir, que SOMOS de Couso, Villeriño, Penedo Taboazas ou Edreira... sin importar os anos que teñamos sin voltar..... TEMOS ESE ANAQUIÑO DE TERRA, MARCADO A FOGO NA NOSA ALMA, E NO CORAZON..... Por casulidade do momento, a maioria de as fotografias tomadas desde o Adro da Igrexa, salen os panteos, de a miña familia..... moitos de eles, falecidos, non hay nin dous anos, como e o caso de Miña Nai, e duas Tias, que adorei, ademais de tres primos que inda non chega os tres anos,asi que imaxinate, o que me impactou ...... toparme con elas sin pensalo..... Moitas Grcias por cada un de os veciños, que as pudemos ver e copartir.... Con todo agradecemento .... Pilar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias, mensaxes como este son os que fan que teñamos mil ganas de facer moitas mais cousas.
      Gracias...

      Eliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901