MUIÑOS DE TRABAZO
REGO DE TRABAZO
CARBALLEDO
COTOBADE
O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da privincia de Pontevedra de cuxa capitalidade dista 19 km.
A súa situación xeográfica é 42º28', latitude norte; 8º28', lonxitude oeste. A altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar.
Ten unha extensión de 135,2 kilómetros cuadrados e unha poboación aproximada de 4.600 habitantes, distribuídos en 135 entidades de poboación que se agrupan en 13 parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón.
Poden distinguirse dúas zonas perfectamente diferenciadas dentro das terras de Cotobade: por un lado as "Terras Altas", bañadas polo río Almofrei, que nace no monte do Seixo situado a 900 m sobre o nivel do mar, e que dende Caroi, discorre cristalino por frondosos vales, onde abundan as carballeiras, e outras masas forestais.
Ademáis, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto ó Barbeira aflúen ó Verdugo que formará a Ría de Vigo. O monte Coirego con 792 m de altura, separa as concas do río Lérez e do Verdugo.
Por outra banda están as " Terras Baixas"; formadas polas parroquias do Val do Lérez, que recibe aos ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, o seu afluente máis importante.
Trabazo
Trabazo é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cotobade.
Segundo o IGE no ano 2007 tiña 48 habitantes (18 homes e 30 mulleres), 4 máis que no ano anterior.
Neste lugar está os cruceiros de Trabazo, Quinteiro de Arriba, Quinteiro do Medio e Quinteiro de Abaixo.
Carballedo
San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.
San Miguel de Carballedo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Cotobade. Segundo o IGE en 2011 tiña 329 habitantes (143 homes e 186 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 350 habitantes. Dos 14 lugares da parroquia, 11 están habitados.
O topónimo fai referencia á abundancia de carballos na zona.
Patrimonio
No lugar da Braña está situado o pazo da Braña. No lugar do Campo da Poza, ao pé do monte Coirego, está o Observatorio astronómico de Cotobade.
No lugar da Braña está situado o pazo da Braña. No lugar do Campo da Poza, ao pé do monte Coirego, está o Observatorio astronómico de Cotobade.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901