viernes, 17 de abril de 2015

COUSO - AVIÓN - OURENSE

 COUSO
AVIÓN
OURENSE


  Avión
       Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.



     Segundo o INE a súa poboación no ano 2010 era de 2.561 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003).



     O seu nome procede do veciño río Avia.



      Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.



     É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. 



     Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.


      

     A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.


     O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro.



     Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.




Poboación
     Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes). A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras.



     Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.



Lugares de Couso
     A Hedreira, Couso, Penedo, Taboazas, Vilariño



Parroquias de Avión
     Abelenda (Santa Mariña), Amiudal (Santiago), Avión (Santos Xusto e Pastor), Baíste (Santa María), Barroso (Santa Baia), Córcores (Santa Mariña), Cortegazas (Santo Antonio), Couso (Santa María), Nieva (Santa María)



 Comarca do Ribeiro

     A Comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 



     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.


     Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 17.195 habitantes (2014). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 



     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901